Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

¡Xo, cabalo, Xo! (9)

Gómez Vilabella, Xosé M. - viernes, 27 de marzo de 2026
A hora, polo sol!
¡Xo, cabalo, Xo! (9)
Sempre me caeron ben os de Guitiriz,
e non só pola torta,
de maíz!,
pero desde que lles vin o reloxo analemático,
téñolles envexa.
¡Se llelo puidese roubar, sería tan romántico!
Atragoóuseme a hora oficial,
que nunca puiden dixerila,
tendo, como temos,
ese amigo que nos visita a diario,
ese que se anuncia e se despide
con agarimos de luz;
¡lémbrame á miña dona, que tamén o fai a bicos!
¿É, ou non é, para terlles cariño?
Os meus
nunca me chaman ata as dúas para xantar,
e teñen razón,
pois,
posto de pés na leira,
daquela maldito sombra fago.
¡Teñen razón, digo, pois ás doce é hora de comer,
algo,
por máis que, agora, as doce son as dez
polo sol,
polo reloxo verdadeiro,
polo bo!
-.-

¡Moitos cabalos, demasiados!
Tantos cabalos ao freo
son irrefreables,
e grazas que o combustible está caro,
pois,
do que non,
iríamos a mil por hora…,
ata a primeira curva, que dela pasaríamos ao Ceo,
directamente;
iso se nos deixan entrar,
pois levando coche igual nos mandan
ao garaxe do purgatorio...,
por non pagar!
Cando levábamos un,
só un,
¡e para iso non sempre!,
os cruceiros non pasaban desapercibidos,
que incluso lles limpabamos a maleza,
ademais dun Noso Pai
pedindo por aqueles defuntos que fixeron
este camiño…,
en angarelas!
Dada a súa sobranza
non faltará quen os leve para adorna-la palleira,
cousa boa, por outra parte,
pois alí,
a Deus grazas, Cristo non terá rezos,
pero estará abeirado,
sen molleiras e limpo de fentos!
-.-

Todo por culpa do mesmo cabalo,
meu Afonso Henriqves.

¡Xo, cabalo, Xo! (9)
Aquelas partillas...,
déronche casa, pero desfixeches a miña,
acurtaches o reino da nosa Galicia!
Ten de bo, de positivo,
que agora somos irmáns de igual credo,
ambos tutelados por Santiago,
aquel cacique
que no mesmo cabalo,
no branco,
che deu a vitoria de Ourique!
Por algo te armaches cabaleiro en Tui,
por algo,
para ter de padriño ao noso común
Santiago!
¡Estes galaicos,
de sempre apegados á terra,
pero sen recomendación non somos nada,
nin do Miño para arriba
nin do Miño para abaixo,
que todo o temos prestado!
-.-
Gómez Vilabella, Xosé M.
Gómez Vilabella, Xosé M.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES