Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

¡Xo, cabalo, Xo! (7)

Gómez Vilabella, Xosé M. - miércoles, 25 de marzo de 2026
Ruínas sacras
¡Xo, cabalo, Xo! (7)
Ruínas do mazo de Bascuas. Ben visible a árbore que ía ao rodicio.
(Entullouno a Deputación de Lugo, sen necesidade, ao construír a estrada 16-11)


¿En que non é sacro o ferro
traballado á man?
Se o vehículo corre moito,
ou se o cabalo se desboca,
nin da paisaxe gozamos,
sendo como é o mellor
todo o de arredor!

Esta présa témola, e poñémola,
por apreixar o futuro.
¿Para qué?
Para apropiarnos do que aínda non é noso,
así que, pola contra,
esquecémonos do pasado,
que iso si que é,
noso,
herdado,
¡Deus sabe á conta de cantos traballos!
Para chegar á maquinaria do XXI
por estas houbo que pasar:
mouci-lo ferro, batanear no liño, e sementa-lo trigo!
Aqueles do Paraíso quixeron subirse ao Olimpo,
¡e nós tamén,
pois estamos repetindo a fantasía
de Babel!
¿Todo iso por que, a que vén esta présa
por acada-los goces divinos?
¡De paso cometemos un desagradecemento,
manifesto,
ao despreza-los bens recibidos!
-.-

¿A terra é do vento?
¡Xo, cabalo, Xo! (7)
Siroco, pluma de Regueiro.

Si, de verdade;
é do vento,
é;
aínda que teño para min que aquel que o dixo,
aquel que tal afirmou,
atinou sen querer, sen saber o que dicía,
pois,
non hai cabalo máis espantadizo có vento:
Con tal de que faga frío,
corre a quentarse na lareira dos trópicos;
e despois, de quente, estoupa en tormentas.
¡É un inestable!
Faille caso ao sol, pero tamén á lúa;
maréase co mar, e marea ao mar;
pola noite arrefría na terra,
e de día non deixa traballar;
recolle tódalas porcalladas dos homes
cargándose de monóxido de carbono;
e menos mal que as follas das árbores,
xenerosas que son,
lle devolven o osíxeno
purificado.
¿Cómo lles paga ese ingrato?
¡Arrincándoas con furor tan pronto deixan de terlle
utilidade!
¿É, ou non é, o amo da terra?
¡Eu tillaríao de tirano!
-.-

¿Reinou onte, ou foi antonte?
Era feminina e graciosa,
doada de gañar;
levábase ben con Cervantes,
e non estes euros,
que só saben bailar ao son que lles toca
unha tal Merkel;
con música de Mendelssohn,
iso si!
Cando as cousas ían mal,
engurrábase discretamente
acurtando nas saias cunha simple desvalorización;
en cambio,
este euro fantoche encóllenos as carnes
cada vez que baixa a Bolsa,
e con iso sóbranos o calzón,
e a petrina
tamén!
-.-

Querubíns
Sendo, como somos, anxélicos,
¿por que nos matan,
por que nos abortan?
Iso de que se lles desboca o cabalo
non é un pretexto válido:
¡daquela que lle poñan un freo,
así sexa de latex,
e do que non, que nos deixen aflorar,
que nos deixen nacer!
O caso é que, sendo cousa de dous,
máis doado teñen o razoar,
pero…, razoan?
¡Todo parece indicar que non,
e iso que se teñen por seres racionais;
sequera ben doado é
iso de pensar,
iso de lembrar
que seus pais os deixaron nacer,
nacer e criar!
Querubes do Ceo,
verdade que sodes bastantes;
non será hora de pecha-la fábrica
aínda que para iso se teña que castrar e domar
media humanidade?
Señor:
¡Como pode avanzar este mundo,
e os teus mandamentos gardar,
habendo tanto crime,
e tanto criminal,
neste desenfreo secular!
-.-
Gómez Vilabella, Xosé M.
Gómez Vilabella, Xosé M.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES