Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O triunfo da primaveira

Santalla, Iago - miércoles, 25 de marzo de 2026
Hai que recoñecerlle ao catolicismo a súa habilidade para patrimonializar o ciclo natural da sociedade, a súa necesidade de marcar o paso das estacións e, finalmente, definir a vida en anos polos que flúen xeracións. O solsticio de verán recíbeo San Xoan, as colleitas celébranas todos os santos e o equinoccio de inverno chega co nadal. Desta maneira, resulta difícil desprenderse da relixión, non en tanto, sabemos de tradicións paganas que celebraban este ciclo da vida.

Este ano o triunfo da primavera quizais foi máis desexado por vir precedido de xenerosas chuvias que apenas deron tregua. Non en tanto, sempre esperta a alma ver agromar a vida ao noso redor. Nese agromar flúen ledicias e reencontros nos que volvemos sentir de novo a calor dunha vida chea de emocións.

O triunfo da primavera enche de esperanza as lagoas da tristura e axúdanos a seguir para adiante sen medo, na forza dunha calor que nos ampara e nos conforta. É tempo de sementeira, que medre o campo e que as cores do outono nos acollan poboadas de regalías.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES