Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

Rivas Delgado, Antonio - martes, 24 de marzo de 2026
Tirar da Cadea

Tiro da cadea e deixo que a auga afogue os malos pensamentos, o pouco raciocinio que temos. Aínda que os pensamentos son como as penas: saben nadar. Tiro da cadea e todos os vómitos van polas tubaxes abaixo. Que diferenza hai entre o Adolf Hitler, que gaseaba xudeus, e o Donald Trump, que bombardea escolas de nenas? Aquí si que había que tirar da cadea.
Pingas de Orballo Tirar da cadea constantemente. Descargar e cargar. Descargar e cargar. E que todas as porcalladas desemboquen, desauguen no mar. Hai que afogar ós delincuentes e facinorosos, ós atacantes e agresores para salvar ós oprimidos e ós castigados. Que diferenza hai entre o Benito Mussolini, que ía con Hitler, e o Alberto Núñez Feijóo, que semella ir con Trump? Tira da cadea, rapaz, tira da cadea.
Tiro da cadea para que afoguen os ruídos e para que todo quede en silencio. Aínda que, no silencio, se sinta o acubillo dos soños. Soñar é bonito, mesmo coa realidade que nos arrodea; coa realidade que se vai; coa realidade que se foi. E queda o baleiro bailando nas horas mortas. Que diferenza hai dun sapoconcho que non pode máis e unha lebre que non quere correr? Que diferenza hai entre ir e vir, tornar e volver?
Tirar da cadea e ir moito máis alá do lixo, moito máis alá da carraxe que sobe con ansia polas veas abertas de América Latina. Aínda que América Latina sexa un pantrigo na mesa dunha muiñeira. Que diferenza hai entre o eixe dun carro e a abeaca dun arado, entre o caxato do temoeiro e a folla dun loureiro? Que chore o ceo e se enchan os regos.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES