Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Crer na xustiza

jueves, 12 de noviembre de 2009
Xustiza con maiúsculas. Eu creo nela porque é o garante das nosas liberdades e dereitos. Pero preocúpanme, como a cada lucense, os feitos ocorridos na nosa provincia estes últimos días; quizá sexa por descoñecemento, pero estamos realmente asombrados. Todos creemos nela (a Xustiza) porque é igual para todos, e sabemos e esperamos que se nos aplique cada lei, “toda lei”.

Por unha banda o deber de colaboración, por outro, e non son home de leis, creo lembrar, e así o comprobo despois das oportunas consultas, que a Lei de Enxuizamento Criminal reza (art. 520) que “a detención e a prisión provisional deberán practicarse na forma que menos prexudique ao detido ou preso na súa persoa, reputación e patrimonio”.

O apartado d) recolle como dereito do detido o “que se poña en coñecemento do familiar ou persoa que desexe”. Lemos e ouvimos en todos os medios de comunicación que a vicepresidenta segunda da Deputación non puido chamar á súa familia, e que a detiveron dez horas para declarar dez minutos. Non nos parece que se respecte o anterior, tampouco proporcional, ou en palabras da rúa “normal”, ou que exista perigo similar ao dun terrorista, asasino ou maltratador de xénero.

E como creemos na Xustiza, na colaboración con ela, e na presunción de inocencia, gustaríanos que alguén nos explicase si estamos equivocados, si falamos de dúas xustizas distintas, de dúas varas de medir, ou simplemente somos ignorantes. Non sería nada prexudicial explicalo.

Núñez, Pablo
Núñez, Pablo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES