Todo é posible
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 26 de marzo de 2026
Do noso futuro sabemos moi pouco ou nada.
Supoñemos...
Facemos proxectos...
Imaxinamos...
Pero:
¿Quen pode asegurar que chegará a mañá?
ESPERAMOS UN FUTURO PROMETEDOR
Aínda que non saibamos o que vai pasar:
- Adquirimos coñecementos para usalos no futuro.
-Construimos unha casa con intención de disfrutala moitos anos.
-Adquirimos propiedades pensando que nos darán bo rendemento.
-Xogamos á lotería pensando en aumentar a nosa economía.
-Planificamos unhas vacacións a países lonxanos para ser felices.
-Arriscámonos en aventuras superiores ás nosas forzas, convencidos de que sairemos airosos porque outros tamén saíron.
-Pensamos que os nosos ancestros cometeron moitos erros que nós non cometeríamos se estiveramos no seu lugar.
-Facemos todo o posible por preparar un futuro prometedor...
ASPIRACIÓNS HUMANAS
É moi saudable ter aspiracións canto máis elevadas, mellor.
¿QUE SERÍA DE NÓS SEN ASPIRACIÓNS?
-É MOI LOABLE QUE NOS ESMEREMOS EN ADQUIRIR
INSTRUCCIÓN porque é así como se forxan os avances da ciencia e da prosperidade.
Por eso, cando a ignoracia é moita, se di que: "EN BOCA CERRADA NON ENTRAN MOSCAS" ou que "A PRUDENCIA É A NAI DA CIENCIA"; querendo decir que sen instrucción carécese de opinión.
-É UNHA NECESIDADE TER UN TEITO para resguardarse das inclemencias meteorolóxicas ademáis de levar unha vida íntima coas persoas que máis queremos.
-Había unha canción que diccía: "EL QUE TIENE UN DURO QUIERE TENER DOS, EL QUE TIENE DOS, QUIERE TENER TRES, TODOS QUEREMOS MÁS..."
Por esa razón adquirimos propiedades e máis propiedades...
-Cando invertimos en xogo, tamén queremos enriquecer a economía.
-CONSIDERAMOS QUE BEN MERECEMOS UNHAS VACACIÓNS para cambiar de aires, ter tempo para a familia e ser felices.
-Outras veces: "METÉMONOS EN CAMISAS DE ONCE BARAS" sen saber moi ben o resultado e a veces, pasámonos.
-PENSAMOS NOS ERROS DOS ANTEPASADOS; pero nós tamén os cometemos.
Quen o pensé menos, está ben enganado.
A REALIDADE DINOS:
-Que moitas veces as nosas aspiracións non coinciden coas nosas metas:
Moitas persoas moi instruidas, fracasan na vida.
Outras con menos instrucción, acertan.
-Pódese ser feliz tendo casa en propiedade ou pagando unha renda, o caso é poder cumprir co banco ou co caseiro, respectivamente.
Cadaquén según as súas circunstancias persoais.
-Cando entra a avaricia no noso corazón, antes ou despois, acabamos mal.
-É probale que poidamos facernos ricos; pero mais doado aínda é acabar na ruina.
Non por moito ter somos máis ricos nin máis felices.
Con que teñamos o suficiente para cada día:
¿QUÉ MÁIS QUEREMOS?
-Os traballadores temos dereito a unhas vacacións remuneradas; pero: uns optan por irse lonxe e outros son felices quedando na casa.
Cadaquén según as súas preferencias: o que a un lle gusta moito, a a outro, pouco ou nada.
-Hai persoas arriscadas e teñen sorte.
Hai otras que son prudentes e tamén a teñen.
-Dise que O QUE NON SE ARRISCA, NON PASA O RÍO:
Algúns, pásano e outros afogan na travesía.
-Adoitamos a pensar que a vida dos outros é mellor; pero cada un sabe a súa; e Deus a de todos.
Cada quén debe ser feliz con dar o mellor se sí.
-Todos cometemos erros e moitos máis dos que pensamos.
DÚAS MÁIS DÚAS NON SON CATRO
Na vida real conflúen moitos factores, ademáis do matemático.
A veces as cousas son así, pero outras veces non son así.
A veces, perdendo, gáñase e a veces, gañando, pérdese.
Nin tódolos sabios son felices, nin tódolos ignorantes son infelices.
A vida é moito máis complexa do que parece.
Canto menos a compliquemos, mellor.
"CO NECESARIO, BASTA"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora