Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Vivamos na fe de Xesús que nos revive con Lázaro...

Miguélez, Xosé Antón - domingo, 22 de marzo de 2026
DOMINGO 5º DE CORESMA.- Ez 37,12-14.- Sal 129(130).- Rm 8,8-11.- Xn 11,1-45

+ Vou poñer en vós o me espírito e vouvos facer revivir na vosa terra ( Ez 37,14)
+ Se alguén non ten o Espírito de Cristo non é de Cristo ( Rm 8, 9)
+ Marta, non che dixen que se cres verás a gloria de Deus? (Xn 11, 40)

VIVAMOS NA FE DE XESÚS QUE NOS REVIVE CON LÁZARO E NOS RESUCITA CO SEU ESPÍRITO

Unha cousa é revivir
para volver a morrer,
e outra é resucitar
para vivirmos en Deus
libres de morte e de mal.

Revivir para volver
a este primeiro xardín
que acaba en morte fatal,
a esta vida inicial
chea de limitacións,
na que temos que escoller
entre sombras e exclusións,
que todo o noso querer
se faga na luz amor,
é regresar a vivir
en camiño e en paixón,
na aprendizaxe do ben,
para acollermos en nós,
sementes que un día, á fin,
xermolen en comuñón,
ese soño que co mal
se nos escoa das mans
e que promete o Señor.

En cambio, resucitar,
é permitirlle a Deus
que reine en nós e con nós,
e guíe o noso querer,
e o noso andar máis cotián,
sempre co amor e o sentir
que Xesús nos ensinou,
o que o Alento inmortal
inspira sen nos forzar,
chamando con humildade
e con determinación,
a recoñecer irmáns
aos membros da humanidade,
sexan perdidos ou bos.

Se ese amor que Deus ofrece
guía o sentir e o actuar
con estilo servidor,
e escollendo a conversión
buscamos sempre o mellor
servizo, a mellor entrega,
daquela a graza de Deus,
xa obra en nós salvación,
xa é presencia e peñor
da resurrección final,
da vida que acadará
en Deus plena redención.

Oración
Xesús que eu poida querer,
e entregarme ata morrer,
como nos amaches ti,
como amaches aos irmáns
de Betania sen dobrez,
e como amas en Deus,
queréndonos acoller
como irmáns e como amigos,
para gozarmos contigo
da plena resurrección,
xa sen loitos e sen dor,
contigo, e uns cos outros,
na perfecta comuñón,
que ofreces co Deus Pai-Nai
e co Espírito de amor.

¡Apertas de domingo!
Miguélez, Xosé Antón
Miguélez, Xosé Antón


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES