Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

¡Xo, cabalo, Xo! (6)

Gómez Vilabella, Xosé M. - martes, 24 de marzo de 2026
Catequese cotiá:

O apostolado consiste en actuar, sempre en ben; en privado, pero tamén en público; convencer aos demais do camiño a seguir, pero camiñando o primeiro, eu por diante. Ao verme feliz e realizado, os demais desexarán seguirme, imitaranme.

O apostolado da palabra consiste en falar do que ti descubriches. Podes realizalo escribindo libros, dando conferencias ou en conversas informais, durante un rato de convivencia ou na comida, onde compartas cos demais as túas experiencias e os teus coñecementos sobre o camiño que leva á felicidade eterna, á definitiva, á do Ceo.

O apostolado da acción consiste en organizar, dirixir ou colaborar nalgunha obra ou acción específica de axuda aos demais. Isto pódese realizar a través das accións sociais, misións, ou calquera outra acción que dea a coñecer a Deus aos demais, e máis concretamente ao noso próximo, a todos aqueles cos que teñamos algunha relación ou empatía.

O apostolado da oración e mailo sacrificio consiste en orar, en rezar e sacrificarse polos demais. Moitas veces cruzarémonos con persoas ás que é imposible convencer mediante verbas ou testemuños; con elas necesitaremos máis que nunca o poder de Deus, recorrer a El e pedirlle que nos axude na nosa catequese, especialmente puíndo e clarificando a nosa exemplaridade.
-.-

“Mirade como se aman…”
¡Xa; pero non durou;
non durou por culpa do denario, que era de prata!
Daquela, ganaron os fariseos?
¡E non ían ganar,
co dominio que teñen da linguaxe oral!
Mirade se lle deron a volta
á tortilla,
que na súa tixola chámanlle face-lo amor
ao que comezou como fornicación.
Lutero protestou porque non lle deixaban ter queridas,
Muhammad inventouse un Ceo con sete hurís,
e Berlusconi enfadouse co Papa
porque non lle permite casarse con sete...,
fulanas!
¡Con este machismo, Señor,
con estes cabalos da parada,
as fillas de Eva non chegan para nada,
nin sequera para empezar!
Xa sei, xa, que isto de agora non é amar;
xa sei, xa, que, con tantos fornicadores,
con tantos hipócritas,
o teu Catolicismo non pode avanzar!
¡Xa o sei, xa,
pero,
que lle vas facer
se ata os predicadores
o fan de pena,
que non explican as causas do mal;
non saben, ou non se atreven...,
polo que deles dirán!
-.-

Vén da auga
¡Xo, cabalo, Xo! (6)
¡Claro que vén dela;
vimos todos, ou non se di, “Romper augas”?
Pero neste caso o neno avanza na terra,
sobre da terra, encima dela,
con paso firme e decidido,
que non todos o fan!
Vimos da limpeza,
no corpo e na alma,
pero…,
nesta terra, máis adiante,
están as deposicións do home caído,
maliciado,
contaxiosas per se!
¡Ai daquel que escandalice a un destes cativos,
que máis lle vale atarse unha pedra de muíño ao pescozo,
e tirarse ao río!
¡Que non o faga no Miño,
que non o faga no Pedregal,
pois,
ao de hoxe,
nace limpo
-.-

¡Xo, cabalo, Xo! (6) ¿Profecía?
¡Todo parece indicar que si;
e para iso desde o noventa e dous,
hai vinte anos,
cando a crise socio-económica
aínda estaba en período
invernal!
Nunca eu tal fixese, nunca tal dixese,
pois agora, polo XXI arriba,
vanme tomar por meigo,
augur de desgrazas.
¿Vedes as consecuencias que ten
falar de máis,
esporear no cabalo desde que está canso,
e total para que ninguén me fixese caso,
para que ninguén lles parase os pés
a eses mangantes que se chaman...,
mandantes?
¡Listas abertas, ar!
(A ver se destas o fan)
-.-

¡Xa está ben de tiros!

¡Chegoume con aqueles de Ifni
sen agora, de vello,
ter que aturar películas agresivas!
¡Que mellor arma que a palabra ben dita;
iso bendita;
que mellor solución para os preitos
cá dialéctica dos razoamentos razoados!
¡Tantas verbas cultivadas naquela Torre de Babel,
tantos tradutores no paro,
tantas linguas falando á présa,
tal que metralladoras,
e non somos capaces de poñelas en produción!
“Ao comezo existía a Palabra,
e a Palabra estaba onda Deus,
era Deus.
Xa estaba ao comezo onda Deus,
todo foi feito por ela,
e sen ela non se fixo nada do que foi feito!”
¿Se Deus nos fixo coa palabra, e a compartiu connosco,
por que facemos este mal uso
dela;
por que utilizamos a ánima das armas
en lugar da espiritual?
¡Animais!
¡Si, animais, que iso somos, niso nos volvemos,
e non porque Deus así nos fixese,
non;
somos animais porque nos fixemos nós,
nós mesmos,
reconverténdonos en tales,
por facerlle caso á serpe!
-.-

¡Ai, Deus, que retrocedemos!
¡Deus, que sono tan horrible,
que aínda non sei se espertei!
Soñei que regresara a España,
¡á miña España, mestra de pobos,
emperatriz excelsa!,
pero,
¡o que alí atopei!
Os homes perderan a vergoña,
que nin follas de parra levaban;
iso si, unha cultura sobranceira de pins,
ferros por todas partes,
incluso nas pudendas,
que deixaran de selo!
Meu padriño anelaba nas cochas..,
para que non lle fozasen o esterco,
mais agora, que só teñen purín,
como non hai esterco para fozar
aqueles arames póñennos no nariz,
no das persoas,
que así convértense en museos viventes.
¡Cultura que teñen!

Por outra banda,
como tampouco hai pizarras de lousa
nas que debuxar,
agora fano nos propios corpos,
desde a fronte ás uñas dos pés.
En vista do visto, négome a durmir
pois así líbrome de soñar
falsidades!
-.-
Gómez Vilabella, Xosé M.
Gómez Vilabella, Xosé M.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES