Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Que é o que non queren que saibamos?

Rubia, Xoan - lunes, 23 de marzo de 2026
Confeso que nunca entendín ese asunto dos papeis reservados, deses que se manteñen no caixón perante máis de corenta anos co gallo de que o "pobo soberano" permaneza ao marxe de cousas que acontecen e que afectan moi directamente a súa soberanía. Porque a nosa Constitución di que a soberanía reside na cidadanía, non si? o que queda moi ben sobre o papel. Temos a potestade de elixir aos nosos gobernantes cada catro anos, agás a un, o xefe do Estado. Con iso temos que conformarnos. Coñecer as manobras orquestrais na escuridade dos que eliximos e do non elixido iso, meus amigos e amigas, éche outra historia.

Hai uns días desclasificáronse uns papeis referentes ao 23F. Catro "papeluchos" previamente tratados, así definiunos Iñaki Anasagasti, nunha manobra encamiñada a Que é o que non queren que saibamos? "salvar ao soldado Juanca" como acertadamente dixo "Desde mi ventana" nunha das súas axeitadas crónicas o meu prezado amigo Antonio Campos. Todo apunta a que é así, a un lavado da imaxe dun personaxe que está dabondo lixado e do que nos din foi o salvador da democracia ao parar esa asonada con Tejero de protagonista. Seguen as dúbidas ao respecto, pois nada novo din eses papeis do que xa estaba dito.

Desclasificar uns papeis non significa desclasificar os papeis. Todo apunta a que se desclasificaron os papeis que interesaba desclasificar e que queda aínda moito por desvelar, o que da pe a que segan as especulacións, as conxecturas sobre os principais promotores daquel golpe. Non hai máis que comprobar a cantidade de libros e crónicas que se levan escritas sobre este episodio e que só reflicten sospeitas respecto á cabeza ou cabezas directoras do golpe. De non estar implicado Juan Carlos sería o primeiro borbón dende o chamado "Motín de Esquilache" (1766) e o Motin de Aranxuez por parte do felón Fernando VII coa Igrexa polo medio, como non, contra o seu pai Carlos IV, que non estivera involucrado nun (a historia dixit). Lévano nos xenes.

Por qué custa tanto por luz e taquígrafos a certos episodios da nosa historia? Por qué se nos vende que somos un pobo soberano cando en puridade soberano, o que se di soberano, só o son os que viven na Zarzuela? Aínda queda moito traballo para os historiadores que buscan a verdade, deses que poñan a cada un no lado exácto que lle corresponde na historia.
Rubia, Xoan
Rubia, Xoan


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES