Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O gran pecado histórico (4)

Rubal, Pedro - viernes, 01 de mayo de 2026
Pero o individuo ten no deber a súa liberación. O individuo debe liberarse pola súa liberdade substancial (Así o expresa Hegel: Das Individuum hat aber in der Pflicht. In der Pflicht befreit das Individuum sich zur Substantiellen Freiheit). No movemento dialéctico, a Razón revela e absorbe os intereses particulares no Ben Común. O primado da Razón na historia, o "absolutismo" do Estado, cuxa esencia, no moderno, reside en identificar o interese universal coa liberdade do individuo - ao que debe facilitar o seu desenrolo pleno, mediante as institucións políticas, que teñen que expresar o saber e querer deles e compatibilizar o individual co común, aínda que sempre soe abrir espazo a conflitividade-. Aquí está o motivo polo que isto leva a acusar a Hegel de absolutista, sobre todo cando non se ten en conta o alcance do ben dos individuos, que, na filosofía hegeliana, sempre debe coordinar coas totalidades, que configuran a dinámica dialéctica da Historia. Así que "a esencia do Estado moderno consiste en que o xeral sexa unido con toda liberdade do particular e para benestar dos individuos". Hegel dío literalmente en alemán así: Das Wesen des Neuen Staates ist, dass Allgemeine verbunden sei mit der vollen Freiheit der Besonderheit und Wohlergehen der Individuen.

Talvez conveña lembrar de Hegel que "o espírito dun pobo particular non é, por si mesmo, máis que un individuo no proceso da historia universal", polo tanto a historia dunha nación debe ser apreciada, se contribúe a humanidade para levala á conciencia da súa liberdade. E outra necesaria indicación é que "o espírito do pobo" (Volksgeist), defire do denominado "xenio nacional" na escola histórica alemán, xa que aquí considérase o "xenio nacional" como un desenrolo NATURAL, máis ben que RACIONAL, e non se subordina aos valores superiores da Historia Universal. E esta clase de confusións, máis ou menos intencionadas politicamente, causan os comentarios de que Hegel cambiou de racionalista a un racista romántico.

Isto lévame a resumir brevemente o fundamental do pensamento filosófico de Hegel nesta temática histórica. O Estado pode considerarse como unha realidade en actuación de certa liberdade, mediante a que os individuos e o seus intereses sexan respectados e desenrolados se se teñen en conta os dereitos "para-si" na estrutura da súa familia e da sociedade, a fin de que mediante ela se integren no interese xeral, porque o universal non poderá cumprirse sen o particular. Polo tanto, o principio dos "Estados modernos" (des Neuen Staates) permite dar plenitude ao principio de subxectividade e, ao mesmo tempo, ata a persoal, levándoa a unidade substancial.

Por libre hai que entender quen manda sobre si mesmo. Deixar que manden os demais é situarse en risco de facilitar a caída no Gran Pecado Histórico. Pero tamén hai que entender que, por conseguinte, non é o Estado o único que ten liberdade, senón o que reconcilia e fai posible a existencia da liberdade concreta nos cidadáns que o integran, posto que, di Hegel, o home como espírito é algo non inmediato, senón que necesita a MEDIACIÓN (Vermittlung), considerada como un momento esencial do "espírito", e que consiste en superar a calidade de inmediato, negándoa e volvendo cara a si mesmo. Xustamente por isto, o home ven a ser o que el se fai "mediante" a súa actividade; así se entende que non sexa como espírito algo inmediato, senón mediado. E ten que evidenciar que comprende a contradición na que se encontra SENDO LIBRE E PERMITINDO QUE DECIDAN OS OUTROS, pois, entonces, evoluciona, revoluciona ou reforma, dando o salto a liberdade, que esta para Hegel é unha categoría óntica.

Unha pregunta final: As contendas bélicas actuais poden interpretarse como unha "mediación" (Vermittlung), ao Hegel, na Dialéctica Histórica?. A este respecto, chama a atención que a IA (Intelixencia Artificial) favorece a escalada nuclear, segundo revela un estudo, derivado de experimentos a gran escala con Chat-GPT, que mostraron unha tendencia a normalizar o uso das armas nucleares.

Como información, indícolles algunhas fontes que utilicei para este modesto artigo, que aconsello extensa lectura para unha mellor comprensión.

Apuntes dun curso na Universidade Pontificia de Comillas, que impartiron, Ricardo Alberdi e Rafael Belda, Xesuítas, autores de "Introdución Crítica al Estudio del Marxismo". Editada por CEASO, Vitoria.
. FENOMENOLOGÍA DEL ESPÍRITU, de G. W. F. Hegel, Estudio Introductorio, por Volker Rühle. Ed. Gredos, Madrid.
. LA DIALÉCTICA DE LA HISTORIA EN HEGEL, por Ramiro Flórez, Ed. Gredos, Madrid, 1.983.
. Marx y los NEO-HEGELIANOS. De la dialéctica de Hegel al materialismo dialéctico, Ed. Luis Miracle. S.A. Barcelona, l976.
. Jean Paul Sartre: "Crítica de la Razón Dialéctica y Cuestiones de Método", de Juan José Sanguineti, Ed.Magisterio Español, 1.975, Madrid.
. Referencias a Hegel na obra "Analogía Entis. Metaphysik", de Erich Przywara, München, 1.932.
. PHILOSOPHISCHE DISZIPLINEN, Annemarie Pieper, Reclam Verlag Leipzig, 1.998. Printed in Gemany. Druck und Bindung: Ebner Ulm.
. FILOSOFÍA DE LA PRAXIS, por Adolfo Sánchez Vázquez, Ed. Grijalbo, S.A., México, D.F., 1972.
Rubal, Pedro
Rubal, Pedro


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES