Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

Rivas Delgado, Antonio - miércoles, 18 de marzo de 2026
A virilidade obrigatoria da mili

"Se non fas o servizo militar, non es un home. Se non bebes, non es un home. Se non fumas, non es un home". Era a eterna ladaíña coa que se pretendía dar realce á virilidade, como se esas probas fosen necesarias para "facerse home". Ser home, segundo aquel discurso, era demostrar que non eras un cagainas, un pusilánime.
Hai uns días lin no xornal que o pasado día 9 de marzo se cumpriron 25 anos da desaparición da mili. Pingas de Orballo Para un servidor, unha das mellores decisións que se puideron tomar. Fixen o servizo militar e podo asegurar que non me fixo máis duro do que era. Nin me fixo máis home.
O servizo militar era, en moitos casos, un lastre. Un ano perdido. Se estudabas, perdías un curso. Se traballabas, podías perder o emprego, deixabas de cobrar e, ademais, gastabas o dobre ou o triplo do pouco que se ganaba. O aburrimento era tal que moitas horas se pasaban na cantina, nun ambiente ás veces deprimente e tétrico. Menos mal que eu era abstemio. Se non estabas na cantina, había que buscar outros medios de entretemento, que polo xeral tamén custaban cartos.
Non lle recomendaría a ninguén facer o servizo militar. Aínda así, debo recoñecer que eu tiven unha mili bastante levadía: o campamento non foi aquela animalada que tantas veces se contaba (nin tan sequera sufrín as típicas novatadas) e, unha vez rematado ese período, tiven a sorte de ser destinado a unhas oficinas. Apenas fixen gardas nin reténs.
Mesmo lle ganei un mes ós, creo lembrar, doce ou trece obrigatorios. Iso si, foi por culpa dunha perforación de estómago que me mantivo de baixa ese mes, precisamente o último de todo o servizo.
Oxalá non volva nunca!
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES