Privatizacións
Editorial - miércoles, 11 de noviembre de 2009
Unha manifestación do persoal de emerxencias dependente da Xunta de Galicia celebrada en Santiago pedíu que sigan a ter carácter público o servizo de extinción e prevención de incendios e o de salvamento, que ven correspondendo ó organismo autonómico e poden ser ó seu xuizo privatizados.
O da privatizar é unha tentación moi forte que teñen as administracións públicas para solucionar dun xeito indirecto, menos costoso e problemático, a atención a determinadas parcelas da súa competencia.
Privatizar significa encargar a unha empresa, previo o pertinente concurso público, a atención dun determinado servizo. E os concellos comezan por privatizar o coidado dos parques e xardíns, para logo seguir pola brigada de obras, o básico servizo de augas, os cemiterios, a recadación executiva, e un sin fin de actividades.
Todo tipo de institucións privatizan o seu servizo de orde pública, e as instalacións de case todos os edificios públicos está a cargo de gardas xurados pertecentes a empresas privadas.
Se estas accións proliferan, as institucións poñen en tela de xuizo a súa propia existencia, xa que se moitas das súas funcións poden ser atendidas por empresas privadas, o papel do organismo pasa a ser de mero intermediario para conseguir fondos cos que pagar os servizos que non son capaces de xestionar con racionalidade.
A manifestación santiaguesa parece máis un toque de atención de cara ó futuro que constancia dun perigo privatizador en materia sensible como poucas, e da que dependen tantos intereses e pode xenerar tantos problemas.
A privatización debe aforrar diñeiro, facilitar a xestión e a toma de decisións, e librar ás administracións dunha cada vez maior nómina de funcionarios. Pero as nosas autoridades deben ser conscientes que a cada privatización lle segue unha maior lonxanía entre a administración e o administrado. Que algunhas parcelas poden ser privatizadas, pero hai outras as máis sensibles, e que cada administración defina as súas que teñen que estar sempre en mans públicas, por principio.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora