Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Confiemos e loitemos

Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 19 de marzo de 2026
A DEUS ROGANDO E CO MAZO DANDO, di o refrán.
Os refráns encerran moita sabedoría popular.
Sonnos de moita axuda.
Neste caso concluiremos que:
Se fomos creados con certas capacidades é para que as empreguemos.
Cada persoa ten os seus talentos e con eles ten que negociar.
NEGOCIAR COS TALENTOS É PROVEITOSO
Sentímonos ben con nós mesmos.
Non temos problemas de conciencia.
Van ben os nosos asuntos persoais.
Aportamos o noso grao de area á sociedade.
Colaboramos ó progreso e á prosperidade.
¿QUÉ PODEMOS APORTAR?
-UN BEBÉ APORTA: tenrura, inocencia, sensibilidade, sorriso, bondade...
-A INFANCIA APORTA: cariño, dozura, nobleza, sinceridade, bondade, inocencia, naturalidade, sencillez...
-A XUVENTUDE APORTA: vitalidade, enerxía, alegría, afán de superación, autonomía, futuro, rexeneración...
-A IDADE ADULTA APORTA: sostenimento, benestar familiar, economía para o país, progreso e benestar social...
-A SENETUDE APORTA: experiencia, economía, serenidade, paciencia, tolerancia, madurez...

A NIVEL INDIVIDUAL
TODOS PODEMOS APORTAR:
-CALIDEZ HUMANA para que os demais se sintan cómodos coa nosa compañía.
-CARIÑO para todos porque canto máis se dá, máis medra.
-COIDADOS para os que están necesitados de axuda.
-BOS EXEMPLOS para que nos coñezan polas boas obras.
-PAZ coa nosa familia, co vecindario, cos compañeiros de traballo, paz para o mundo enteiro que tanta falta fai.
-SOLIDARIEDADE poñéndonos no lugar dos outros e actuando como nos gustaría que fixeran con nós.
HUMILDADE mostrándonos con sinceridade e sencillez no trato cos demais.
-ESCOITAR a tantas persoas que hoxe en día se senten soas
-RESPECTAR aínda que non comulguemos.
Respectar as ideas dos outros, si. Compartilas: a veces
-LEALDADE coas persoas coas que nos relacionamos para que saiban que poden contar con nós.
-AMISTADE con aquelas persoas que encontramos no camiño da vida que son como anxos da garda.
-COÑECEMENTOS daquelo que mellor dominamos que tanto poden ser coñecementos científicos como receitas de cociña ou calquera outra cousa por sencilla que sexa.
-ORACIÓN no caso dos crentes porque a oración sempre é escoitada por Deus que quere o mellor para nós.
Dísenos:
-Que pidamos e recibiremos.
-Que chamemos e que nos abrirán.
-Que deamos para que se nos dea.
A CONFIANZA É IMPRESCINDIBLE
Para calquera obra que emprendamos, por humilde e sencilla que sexa, necesitamos ter confianza.
-CONFIANZA EN NÓS MESMOS que somos portadores de valores e que debemos compartir para que o enriquecemento sexa xeral.
-CONFIANZA NOS DEMAIS dado que a todos nos gusta que confíen en nós.
Non importa que haxa persoas desagradecidas, sempre lles gusta que as tratemos ben e debemos facelo.
CONFIANZA E ESPERANZA
Cómpre loitar confiadamente coa esperanza de que un día ou outro o mundo mellorará.
O proceso pode ser lento pero ó remate o ben trunfará sobre o mal.
Certo que o demo tenta moito porque anda sempre ó "acecho"; pero Deus tamén está atento ás nosas necesidades e non nos deixará defraudados.
Só temos que acudir e confiar nel.
Cómpre loitar sen desfalecer para que pouco a pouco saibamos como debemos facer para deixarlles un bo legado ós que veñen detrás.
As cousas ben feitas, levan tempo; pero ó remate quedan ben.
Confiemos e loitemos, porque necesitamos un mundo mellor.
Non está todo perdido.
Hai moitas persoas con gañas de loitar e confiar.
"TODO É POSIBLE"
Este será o título o seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES