Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O Santuario Mariano de Tarnas, Cervantes (Lugo) (4)

Blanco Prado, José Manuel - martes, 24 de marzo de 2026
3.4. A festividade e lendas
O 20 de maio conmemórase a festividade desta advocación mariana. "Su fiesta es el 20 de Maio, acuden muchos ofrecidos". Acoden a venerala devotos non só de parroquias do concello cervantino, senón tamén de concellos limítrofes, como Becerreá e Pedradita do Cebreiro preferentemente. Ademaís, hai algúns emigrantes desta comunidade parroquial na provincia de Barcelona, que adoitan acudir neste día a rendirlle culto á Virxe dos Remedios. O Santuario Mariano de Tarnas, Cervantes (Lugo) (4) "Entre las celebraciones festivas más relevantes destaca la que se lleva a cabo en el santuario de A Virxe de Tarnas, donde cada 20 de mayo se celebra una concurrida y antigua romería con peregrinación".

Por outra banda, calquera centro romeiro perpetua e amplía a súa fama mediante relatos orais, que circulan entre os devotos. E, así, sobre este centro de devoción aínda hai veciños da comunidade, que relatan dous feitos portentosos, que lle deron fama milagreira á advocación mariana.

1º. Dícese: "que unha muller, chamada Laura, tivo que casar cun home ao que non quería, xa que foi obrigada polos seus pais. Unha noite ¿posiblemente debido aos malos tratos, que lle daba o seu marido? escapou da casa familiar, e colleu o camiño da casa dos seus pais. Polo camiño chovía e nevaba o que deu lugar a que ela, xa doente, perdese a vista. O seu pai, que tiña catro bois, ofreceu o diñeiro de dous, se a Virxe devolvia a vista a súa filla. Pois ben, o 20 de maio, Laura acudiu ofrecida aos Remedios e, cando comezou a ver o santuario –posiblemente ao chegar a "Ponte de Muiñovo"- recuperou a vista. O seu pai cumpriu coa ofrenda e a súa filla puido casar co home que quería". Esta lenda xorde debido a un feito transcendental acaecido no século XIX.
"Desde tiempo inmemorial se venera a Nuestra Señora de Tarnas; se habla de hechos milagrosos atgribuídos a su intercesión, el más famoso es la curación de una mujer ciega sobre el siglo XIX".

2º. Tamén se comenta "que hai moitos anos o párroco de San Martín da Ribeira, aproveitando a noite, decidiu trasladar a imaxe mariana ata a igrexa de San Martín, xa que esta entidade de poboación tiña máis accesos e máis posibilidades de cara aos devotos da Virxe. No obstante, este traslado ocasionou graves prexuízos en todo o contorno, xa que todos os anos caían nesta data intensas treboadas. Por tal motivo, cando o párroco marchou da parroquia, díxolle ao novo que a imaxe da Virxe tiña que voltar ao seu lugar de orixe. Cando o crego o dispuxo, os veciños de Tarnas levaron a imaxe mariana en procesión á súa antiga ubicación, mais á luz do día, sen nocturnidade -como acaecera co traslado.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES