Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O Santuario Mariano de Tarnas, Cervantes (Lugo) (3)

Blanco Prado, José Manuel - martes, 17 de marzo de 2026
3.2. Mapas de Localización do Santuario
O Santuario Mariano de Tarnas, Cervantes (Lugo) (3)

3.3. Os trazos artísticos do Santuario

Dende unha óptica artística, cómpre distinguir catro niveis:

* Nivel inferior. O acceso ao santuario.
Caracterízase por ter catro chanzos de cachotería e cemento, e dúas varandas, situadas en ambos os dous flancos; estas permiten aos devotos subir con comodidade ata o exterior da capela.

* Nivel exterior. O pórtico.
Logo da subida, os devotos/as entran nunha estructura cuadrangular porticada, sostida por catro piares, colocados en ambos os dous lados e revestidos de cemento. O Santuario Mariano de Tarnas, Cervantes (Lugo) (3) Na parte superior do pórtico, hai dúas portas de entrada, situadas en ambos dous laterais; estas serven para que os devotos poidan ingresar no interior da capela.

* Nivel interior. O interior da capela.
O espazo interior, tamén cuadrangular, é de dimensións reducidas. A parte central da cabeceira está rexida por unha imaxe da Virxe dos Remedios, situada no interior dun arco de medio punto de madeira; esta amosa unha coroa na cabeza e porta ao Neno nos seus brazos; ademaís, externamente, vai vestida cun manto de cor marrón. En ambos os dous lados da representación mariana hai unha dobre repisa de madeira, que se prolonga polas paredes laterais da capela; estas están ornamentadas por un bo número de flores artificiais, depositadas en floreiros. Ademaís, en ámbas as dúas paredes laterais, hai dúas fiestras, que comunican o interior da capela co exterior. Finalmente, case adosada á cabeceira hai un ara, lugar de celebración dos actos litúrxicos por parte do párroco.

* Nivel superior.
O santuario amosa unha espadana, de cemento, cun campanil no seu interior; ademaís, na parte superior presenta unha cruz metálica. Por outra banda, a súa cuberta exterior, de lousa, é de tres augas.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES