Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A morte e os endemoñados en 'La Hija del Mar' de Rosalía de Castro

Otero Canto, Xosé - viernes, 03 de abril de 2026
Lorenzo, o mariñeiro que atopara encima dunha pena a Esperanza, cando esta era nena do berce, abandonada e logo traída e criada por Teresa canda Fausto, fillo de Lorenzo, que agora está moribundo e tendido na area da praia e ao que Esperanza bica nas súas mans e logo acaricia, pero Fausto está morto e os A morte e os endemoñados en 'La Hija del Mar' de Rosalía de Castro pescadores e mariñeiros de Muxía coidan que morreu endemoñado, de aí que non poida entrar na igrexa e haxa que tiralo ao mar porque non vaia ser que lles bote "un mal de ollo" a eles e aos seus fillos e ademais de todos os males, o mar non devolve nunca o corpo dos endemoñados, segundo unha crenza que Rosalía recolle neste libro; por iso han de levalo para a cabana deshabitada de Teresa, para que ninguén o saiba. Os mariñeiros falan de Esperanza, que como amiga de Fausto tamén debe estar endemoñada, por iso hai que marchar da súa cabana porque pode botarlles "o alento dos defuntos", segundo o cal, cada un ten que facer o mesmo có outro, pasando o alento duns a outros, se é que non hai no lugar "Tres Marías" que vaian de noite a demandar ao corpo do defunto a última vida que levase.
Esperanza chega á ermida de san Roque, á que non pode entrar o corpo de Fausto, e ve unha misteriosa procesión diante da ermida, axeonllándose os homes que sacan dunha xerra negra e un ramiño de oliveira co que zarrapican un branco envoltorio, supoñemos que con auga bendita. Aquilo semella un conxuro de endemoñados, unha xuntanza diabólica entre as luciñas bambeantes dos farois e un rezo ronco e triste no medio dun silencio sepulcral para logo volver a coller o vulto branco co cadáver de Fausto e seguir o camiño da praia para depositalo enriba dun dos máis altivos penedos, non sen antes poñerlle unha estola encima do branco fardo e alí o seu pai, Lorenzo, deulle a derradeira aperta e Esperanza abalanzouse sobre o cadáver mentres todos gritaban "Misericordia". Entre tanto, Esperanza cruza o areal ríndose cunhas gargalladas propias do Romanticismo, gustoso de mesturar a risa co pranto ao mesmo nivel de contrarios que nos incitan nas vivencias máis opostas deste "vallis lacrimarum".
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES