Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Galicia e algunhas expresións galegas en 'La Hija del Mar' de Rosalía de Castro

Otero Canto, Xosé - viernes, 27 de marzo de 2026
Esta obra de Rosalía ten a súa estadía no mar embravecido e embruxado que se estende desde o Finis Terrae, a nosa Fisterra, até Muxía, e rumbo a Camariñas pasaba aquel vapor onde o amor de Teresa ía como xefe daquel buque entroncado de recordos e onde a protagonista escoita o bruído tamén salvaxe e montaraz do vento muxián que asubía entre as penas cando hai tempestade e fai "campanarios" nas ondas, como di Rosalía, por esa semellanza que teñen as ondas ás torres das igrexas cando o mar medra e brinca por riba dos cantís. Galicia e algunhas expresións galegas en 'La Hija del Mar' de Rosalía de Castro A protagonista, Teresa, un sábado de outono fora visitar a Pedra Santa ou Pedra de Abalar na Nosa Señora da Barca e a susodita pedra producía no seu acompasado movemento un ruído xordo e metálico que se escoitaba no século XIX a grande distancia, parece ser, mais hoxe, coidamos que ese son amortécese coa contaminación sonora e mingua o seu son e as súas vibracións recibidas como ondas sonoras da pedra.

Envólvenos o Romanticismo cando a filla natural de Teresa, chamada Esperanza, e Fausto, fillo dun mariñeiro muxián, divisan o vapor rumbo a Muxía e os dous soben á "Pena da Cruz", de inxente altura sobre o nivel do mar, temíbel pendente e xigantesco penedo, mouro e núo no que habita unha cruz de pedra e onde os dous namorados adolescentes divisan a grandeza do mar e das nosas costas que o poeta Rufo Festo Avieno no século IV tivo a ben documentar na súa "Ora Maritima" e a Oestrymnia e a Ophiusa que López Cuevillas identifica con Galiza e onde os novos namorados divisan o que os galegos coñecemos como "ovelliñas brancas" que se bican coma os dous ruliños e se derreten en namoros o mesmo que as ondas se desfán en multitude de ovellas brancas que pacen no mar alterado coma o corazón dos adolescentes cando senten as chegadas do amor e da tempestade, que tanto un como a outra, son capaces de alterar os sons desa máquina que toca sen parar, a golpes, segundo sexan as emocións que nos cinguen e abranguen en apertas alteradas como o mar zarrapica as penas de amor e das lembranzas que os dous namorados manterán mentres moren na súa corta, pero intensa existencia.
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES