Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cambio de política

martes, 10 de noviembre de 2009
Cando se fala de políticas sociais, vense referir a mención ás políticas relacionadas coa atención social, pero en realidade o concepto parece moito máis amplo.

Política social pode ser tamén a que se segue por parte dos poderes públicos en relación con determinados comportamentos sociais, ou dos membros da sociedade. E eso parece estar cambiando, afortunadamente, xa que a pura punición e conseguinte multa ou calquera outro castigo parece non producir os resultados apetecidos.

Parece lóxica e xusta a postura da Consellería de Sanidade en relación coa futura reforma da Lei do Alcohol, no sentido de que os menores de dezaoito anos non poidan mercar bebidas alcohólicas, nin consumilas na vía pública no chamado “botellón”. E, especialmente, que as sancións que se produzan polos incumprimentos da norma poidan reducirse ou permutarse pola participación dos infractores en tarefas sociais que organice o correspondente concello.

O mesmo parece ser o espírito que anima á Fiscalía de Seguridade Vial de Galicia, que propón a creación de programas reeducativos de seguridade nas vías públicas, que reemplacen as penas que teñan que cumprir os condenados por infraccións de tráfico.

E eso sintoniza, aínda que o paralelismo é moi sutil, cunhas manifestacións da máxima autoridade en relación co tráfico rodado que afirmou que todo o recaudado polas multas de tráfico sería aplicado a favor das víctimas de accidentes, e na mellora das condicións de circulación rodada.

Por agora, son boas intencións, desexos ou liñas de traballo, pero o certo que se nota unha “humanización” en relación coas conductas non axustadas a norma, de maneira que non sexa o castigo polo castigo a máxima que rixa -ou a recaudación pola recaudación-, senón que o desexable é que os culpables de calquera tipo de infracción saiban que a mellor solución ó problema é a que eles mesmos poden aportar.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES