Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Paderne celebrou o Día da Muller con música, reivindicación e emoción na UNED

Rodríguez Patiño, Luis Ángel - lunes, 16 de marzo de 2026
Encontro da UNED Sénior en Paderne para celebrar o Día Internacional da Muller.
Paderne celebrou o Día da Muller con música, reivindicación e emoción na UNED
Durante o acto, o coordinador da UNED Sénior A Coruña, Luis Ángel Rodríguez Patiño, lembrou que este tipo de encontros son hoxe máis necesarios ca nunca, debido á situación actual que vive España e o mundo en xeral.

Sinalou que determinadas políticas da dereita, e especialmente da ultradereita, están gañando presenza no panorama político e poderían poñer en risco dereitos xa conquistados para avanzar na igualdade, na emancipación da muller e no respecto ás mulleres da nosa xeración.

Tamén recordou que non hai tantos anos moitas mulleres apenas contaban na sociedade e estaban destinadas unicamente ao traballo no fogar.

Despois da súa intervención, distintas persoas participaron lendo varios comunicados de reivindicación.
Paderne celebrou o Día da Muller con música, reivindicación e emoción na UNED
Aplaudiu a dous alumnos moi especiais: Adrián, que a pesar da súa discapacidade é un gran compositor e un excelente profesor de música, capaz de tocar numerosos instrumentos; e outro compañeiro que se reincorpora ás actividades e que cumprirá 100 anos en setembro, e que tamén sabe tocar varios instrumentos.

Un agradecemento moi especial ao titor Fran Cupeiro polo seu gran labor, dedicación e entusiasmo.
Rodríguez Patiño, Luis Ángel
Rodríguez Patiño, Luis Ángel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES