Poñer Firmes ás Forzas
Editorial - lunes, 09 de noviembre de 2009
Na milicia, a posición de firmes é imprescindible para a perfecta comunicación e recepción de ordes. Nela, a autoridade do que manda ponse especialmente de manifesto e a obediencia da tropa queda constatada de xeito indubitable.
Pero a linguaxe garda para a frase poñer firmes un especial significado pola súa aplicación en calquera campo da actividade nun instante determinado, referido especialmente a momentos en que a atención debe ser máxima, ou que a autoridade pode floxear e o perigo de anarquía aparece no horizonte.
Foi a semana pasada cando llegó el comandante / y mando a parar, como na fervorosa canción política cubana, só que neste caso a autoridade competente chamábase Mariano Rajoy e a súa orde referíase a pechar filas non só frente ós contrarios senón, especialmente, frente (ou diante de) ós seus correlixionarios.
O espectáculos de líderes do mesmo partido arremetendo entre si, por si mesmos ou por adxuntos, dista bastante de ser edificante. E chegou o momento en que había que poñer orde nun galiñeiro no que todos cantaban a destempo e con destemplanza.
Se a orde está restablecida, irémolo sabendo a medida que pasen os días. Porque o principal partido da oposición non pode perder máis tempo en loitas intestinas coa que está caendo nestes momentos nos que fan falla todas as forzas empuxando na mesma dirección.
A amenaza de deixar fóra das listas electorais ós díscolos debe ser abondo para que volvan ó rego todos os que estaban empeñados en camiñar de xeito irregular. Máis vale que as augas volvan ó seu cauce, e que o Partido non teña máis problemas ca os que ten o País, que son moitos e urxentes.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora