Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

Rivas Delgado, Antonio - miércoles, 11 de marzo de 2026
Se un camelo pode...

Se un camelo pode entrar polo ollo dunha agulla, máis fácil será que entre a miña cabeza. Metinme de cabeza!, nunca mellor dito. E maldita a hora en que realicei tal arroutada. Non consigo sacala! Levo xa setenta e dúas horas con ela dentro!
Cando levaba unhas dez horas apareceron xa os bombeiros e nin sequera os deixei mirar. Pingas de Orballo Sabía que non poderían cortar a agulla, pois estaba tan metida xa na miña gorxa que corría o risco de que me tronzasen a xugular. E iso si que non! Non podería berrar máis! Polo menos, aínda que fose nesta postura e nesta situación absurda, podía berrar, cantar e mesmo asubiar.
Aínda que a angustia xa empeza a ser moita. Setenta e dúas horas daquela maneira na que estaba, e mesmo facendo algún que outro esforzo, xa non era cousa de rir. Rir si que rían os que contemplaban o panorama; e máis logo de saber os motivos polos que metera por alí a cabeza.
Sei que pequei de inocente. Pero, a ver, un camelo é moito animal xunto; a miña cabeza, a pobre, é pouquiña cousa. E agora haberá quen pense que é pouquiña cousa en volume e en intelixencia. Pero, como dicía aquel: cada tolo co seu tema.
Os medios escritos e audiovisuais axiña fixeron acto de presenza e, claro, tanta publicidade xunta atraeu unha pequena invasión de visitantes que, como non..., escachaban coa risa. Eu, ó final, tamén ría, pero cos ollos cheos de bágoas. A inocentada volvérase angustiosa. Maldito camelo e maldito ollo da agulla!
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES