Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A esperanza

Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 12 de marzo de 2026
Hai un refrán que di que: "o que espera, desespera".
Pero, para non desesperar, voume refirir a unha virtude teologal.
A ESPERANZA
Hai tres virtudes infundidas por Deus no corazón humano para ordenar a nosa vida según a súa vontade: a fe, a esperaza e a caridade.
Todas son moi importantes, aínda que a primeira é a FE; pero a ESPERANZA permítenos aspirar ó Reino dos ceos e á vida eterna, que foi o que nos prometeu o Noso Señor Xesucristo ós que cremos nel, por medio da gracia derramda nos nosos corazóns polo Espírito Santo.
Esto é o que cremos moitas persoas ó longo e ancho dese mundo.
Os ateos, non o cren. ¡Mala sorte!
Os ateos e os crentes somos iguais en todo menos na forza da gracia que o Señor derrama no corazón dos que se adhiren libremente a El.
ESPERANZA TÉMOLA TODOS:
-Unha criatura espera ser maior para mandar e non ter que obedecer, porque non sabe que é máis doado o último.
-Un estudiante espera aprobar aínda que non poña toda carne no asador.
-Un xove quere chegar a maior para ver logrados os seus soños.
-Un doente espera sanar para ter autonomía persoal
-Un pobre quere chegar a rico para non ter que "estira-los cartos"
-Un traballador espera o remate da xornada laboral para dedicarse ós asuntos persoais.
Todos esperamos algo ou a alguén.
A ESPERANZA CRISTIANA VAI MÁIS LONXE
Non se conforma con acadar obxectivos terrenais, moi naturais todos eles.
A esperanza cristina ten a súa forza na gracia que o Espírito Santo derrama na alma dos que cren nel.
É unha forza superior que sobrepasa toda arela humana.
É Deus quen fai o milagre.
-O milagre de loitar con tódalas nosas forzas polo ben común, sabendo que é Deus quen obra a través de nós, porque as nosas forzas son moi limitadas.
-O milagre de superar unha proba que humanamente non ten solución, de non ser pola intervención divina.
-O milagre de levar con paciencia as probas que nos pon a vida, por difíciles que sexan porque Deus "quere podarnos" para que deamos mellores froitos.
-O milagre de esperar contra vento e marea, porque para Deus nada hai imposible.
TAMÉN ANTE O PERIGO DE MORTE
Esta é a razón máis importante da esperanza cristiana.
A morte é un paso necesario para pasar á vida eterna na morada que o Señor nos ten reservada desde a eternidade.
Un ateo pode ve-la morte como o remate, como algo moi tráxico, como o peor que lle pode pasar a un ser humano.
Certo que a morte é algo que todos tememos porque aspiramos a vivir.
A vida é sagrada, algo tan milagrosos que todos queremos disfrutar.
Por eso debe ser moi triste pensar que coa morte, remata todo.
COA MORTE REMATAM MOITAS COUSAS
-Remata o ritmo de vida que levamos.
-Remata a compañía de persoas moi queridas.
-Remata a presenza física.
-Remata esta vida terrenal.
Tamén rematan:
-Os traballos da vida diaria.
-As loitas a veces insostibles.
-A dor e a enfermidade.
A nivel temporal e material, todo o que empeza, un día ou outro, remata.
PERO SOMOS MOITO MÁIS QUE MATERIA
Ademais dun corpo corruptible, tamén temos unha alma incorruptible.
Nela levamos impresa a nosa vida máis aló da morte.
Por eso as persoas santas de verdade están desexando pasar o tránsito de morte para gozar eternamente na presenza do Dono da vida.
A ESPERANZA DÁ VIDA
-Esperar confiadamente dános seguridade.
-Esperar que todo irá ben, dános tranquilidade
-Esperar nun mundo mellor para todos dános ganas de construílo, porque a esperanza non defrauda.
"CONFIEMOS E LOITEMOS"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por teme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES