Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pagos con tarxeta

viernes, 06 de noviembre de 2009
Primeiro créasenos a necesidade, e logo faise repercutir sobre esa necesidade todo tipo de cargas para aproveitarse da nosa debilidade. O das tarxetas de débito ou crédito ven responder a ese proceso.

Durante un tempo, fíxosenos ver a conveniencia social da utilización das tarxetas para retirada de efectivo nos caixeiros e para o pago de todo tipo de adquisicións ou servizos. Efectivamente, comprobamos que era cómoda a súa utilización, e para as entidades bancarias e de aforro foi un magnífico negocio esa comprobación, xa que aforraban persoal e obtiñan importantes ingresos xa que houbo tempos nos que a entidade correspondente cobraba ós comercios ata un catro por cento dos importes polo xeito de pago. Parece ser que agora ese importe ven sendo de arredor dun un por cento.

Xa estamos afeitos á utilización das tarxetas. Xa somos prácticamente tarxetoadictos. Por eso as entidades se afanan en sacar máis e máis tarxetas, en cobrar por elas cantidades cada vez máis onerosas, tanto por expedición como renovación anual, e intereses de usureiro polo aprazamento de cantidades debidas por causa da tarxeta.

Agora ven de aprobarse a Lei de Servizos de Pago polo Congreso, que establece que non se poder establecer cuota adicional ou reducir importes pola utilización dun instrumento de pago específico, e as asociacións de consumidores -temendo que se faga recaer os custos das tarxetas sobre os usuarios- recomendan pagar en efectivo e evitar o uso das ate agora cómodas tarxetas.

Eles verán o que fan. Porque as entidades bancarias e de aforro, na procura de equilibrar as súas contas, están presionando demasiado ós seus clientes. Se nas tarxetas fan recaer os custos nos consumidores poden estar comezando a sacrificar a galiña dos ovos de ouro. E acabarán co que agora é unha excelente liña de negocio.

Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES