A adoración salvadora que Cristo viviu e que nos ofrece
Miguélez, Xosé Antón - domingo, 08 de marzo de 2026
DOMINGO 3º CORESMA (A) Ex 17, 3-7; Sal 94(95); Rm 5, 1-2.58; Xn 4, 5-42
A ADORACIÓN SALVADORA QUE CRISTO VIVIU E QUE NOS OFRECE
1. Moisés topouse un día
co desafío,
de valerlle ao seu pоbо
ante o perigo,
de morreren de sede
fóra de Exipto,
e suplicoulle a Deus
e santo e benigno.
2. E o Deus liberador
que é compasivo,
mandoulle que batese
co pao do Nilo,
nunha pedra do Horeb
monte do Altísimo,
e saiu auga e vida
do compromiso.
3. Pero a pedra valiosa
é Xesús Cristo,
del saiu sangue e auga
de amor un río,
ofrecendo abondoso
regueiro vivo,
para as sedes máis fondas
que van comigo.
4. Esa auga se ofrece
en manantío,
desde a fe luminosa
do humilde Fillo,
que fe e amor nos pide
con altruísmo
por querer regalarnos
o don máis rico.
5. Pídenos que escoitemos
con limpo ouvido,
sen abusos nin odios
o Deus bendito,
que a cadaquén e ao pobo
fala no íntimo,
para darnos con ben
mellor destino.
6. Escoitar o Señor
sabio e amigo
é fonda adoración,
o máis divino,
e amarnos e axudarnos
o mellor rito,
sendo alén das fronteiras
irmáns unidos.
7. O rito e máis as leis
cómprennos fixo
pois son vitais axudas
pero con riscos:
se falta a compaixón
vólvense altivos.
fomentan divisións
duros clasismos.
8. É unha adoración
no Santo Espírito,
que guía na verdade
e bo xuízo,
traspasando fronteiras
de todo tipo,
tecendo na irmandade
con Cristo vivo.
9. Bendito Deus que salvas.
xerando fillos,
co teu amor e graza
don infinito,
que ofreces xeneroso
fiel e cumprido,
a quen che pide alento
fainos doídos.
10. Bendito sexas sempre
meu Deus querido,
o Deus dos que liberan
en calquer sitio,
o Deus dos desorados
e os pequeniños,
o Deus que en Cristo ofreces
luz e camiño.
¡ Apertas de domingo!

Miguélez, Xosé Antón
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora