Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Roubo no Courel

viernes, 06 de noviembre de 2009
E roubo con todas as letras, o do século, porque o roubado é a vontade popular, o dereito a elixir os nosos representantes en liberdade, o resultado das urnas. A berros de democracia, democracia!, intentábase xustificar o apoio dun miserable tránsfuga para encubrir unha “patochada” vergonzosa, ruín, e oposta a calquera ideal demócrata.
Espectáculo bochornoso, inxusto para unha bisbarra fermosa e hospitalaria, contraria a dous fantoches “suxeitapancartas”, á pelos pintados, a moza revolucionaria, maleducada e provocadora, sen esquecer ao atordado que retaba aos deputados co símbolo de El Padrino, ese do que move os fíos. Anda, que quen moverá os deles! Porque independentes, independentes, non sei se serán. Así son os secuaces de Lola, Viva Lola!
E claro, fóra os que non sexades de aquí! Non interesa que ninguén de fe do que aquí imos roubar. Pero tanto inculto e descerebrado xunto, non cae na conta de que os ata alí chegados, representabamos a un Estado de Dereito, ao que queiran ou non, tamén pertence O Courel, porque ata o momento segue estando nesta provincia, en Galicia, e mesmo en España; e os insultados son deputados e senadores das Cortes Xerais, autonómicos ou provinciais, alcaldes e concelleiros de pobos da mesma provincia; por certo, e para que non queden dúbidas, de todos os bandos, non só o do rexedor atracado.
Metestes a pata, miserables. Pero viva Lola! Que lle aproveite a vosa compañía ultra, violenta, e atestada de chularía retrograda. Continuará...

Núñez, Pablo
Núñez, Pablo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES