Opinión en Galicia
Soliloquios (10)
Gómez Vilabella, Xosé M. - lunes, 16 de marzo de 2026
Disquisicións sobre a autoestima
Principio xeral, fundamental,
o de aceptarnos
tal e como somos,
pois todos valemos
se valía nos damos.
Con isto sabido,
esforcémonos por saber, por aprender,
por mellorar,
xa que,
por curtos que sexamos,
todos temos capacidade de medrar,
¡por dentro,
que é onde temos a grandeza
espiritual!
Pasos que terei que dar:
Imaxinar metas,
e para cumprilas establecer tarefas;
tarefas que sexan posibles,
factibles.
Onde non poida, ou careza,
solicitar axuda,
que teñen obriga de dárnola,
de compartir,
aqueles que máis medios teñan recibido.
E por último,
poñer en orde de execución
as tarefas,
das fáciles ás difíciles,
das importantes ás puerís,
que así,
os logros, non tardarán en vir!
-.-
¡Xa está ben de matinar pola miña cabeza, así que pasemos á de Gandhi
con quen non me podo comparar!

Así é a vida, segundo Gandhi:
1. ¿Cal é o día máis belo?
R. Hoxe
2. A cousa máis fácil?
R. Equivocarse
3. O obstáculo máis grande?
R. O medo
4. O erro meirande?
R. Abandonarse
5. A raíz de tódolos males?
R. O egoísmo
6. A distracción máis fermosa?
R. O traballo
7. A peor derrota?
R. O desalento
8. Os mellores profesores?
R. Os nenos (Si, os nenos, porque din e fan as cousas sen malicia)
9. A primeira das necesidades?
R. Comunicarse
10. O que nos fai máis felices?
R. Ser útiles aos demais.
11. O misterio máis grande?
R. A morte (Para os incrédulos)
12. O peor defecto?
R. O mal humor
13. A persoa máis perigosa?
R. Os mentireiros
14 O sentimento máis ruín?
R. A envexa
15. O regalo máis fermoso?
R. O perdón
16 O máis imprescindible?
R. O fogar (Ou todo aquilo que o supla)
17. A ruta máis rápida?
R. O camiño recto, a rectitude
18. A sensación máis grande?
R. A paz interior
19. O resgardo máis eficaz?
R. O optimismo
20. A mellor satisfacción?
R. A que nos proporciona o deber cumprido
21. A forza máis potente?
R. A fe
22. As persoas máis necesarias?
R. Os pais, ou que faga de tais
23. A cousa máis fermosa da vida?
R. O amor (que se non é desinteresado xa non é amor)
24. O mellor dos refuxios?
R. Deus
-.-
Queridos irmáns:
¡Se non vos gustan os meus consellos, outros non teño!

Gómez Vilabella, Xosé M.
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora