Opinión en Galicia
Soliloquios (7)
Gómez Vilabella, Xosé M. - miércoles, 11 de marzo de 2026
Respecto non é submisión
O respecto merécese,
e a submisión imponse.
Submisión ás leis xustas,
e para de contar,
pois o que lle debemos a Deus
máis ben se debe chamar
respecto absoluto,
de fillo a pai, a Pai celestial,
que non é igual.
O lema do respecto ben sabedes cal é:
"Respecta se queres ser respectado".
Pois,
con isto dito,
todo queda aclarado!
-.-
A ledicia do amencer
Cada amencer é
como volver a nacer,
outra oportunidade
baixada do Ceo,
que nos serve para recoñecer
que o día pode coa noite,
e despois do letargo
purgatorial
teremos outra vida,
un renacer,
forzas anovadas
para seguir loitando,
para a nosa mellora
dos feitos e das ideas.
As néboas,
¡que tamén as hai!,
son cortinas nas ventás dos nosos ollos,
pero hai que confiar
pois o sol sempre pode con elas.
Se non é hoxe, mañá será,
e daquela poderemos ver,
sorrirlle,
ao novo amencer!
-.-
Esta vida é un carreiro ...

... montaraz
que nos leva á autopista
celestial.
Agonía é a espera
pola chegada do bus
que nos leva á capital;
pode ser larga e lenta
pero sempre chega,
e de chegado
todo o esforzo se dá
por ben empregado.
¡Seino porque isto me pasaba a min,
pero,
de chegado...,
son feliz,
e iso que Lugo non é eterno,
que foi fundado
por aqueles romanos.
-.-
Na hora da balanza
Non importa o peso natal,
senón o final,
aquel que sinale
a báscula celestial.
¿Pesarannos, si, de verdade?
¡Como hai Deus que si,
¿ou é que esperamos enganar a Deus
no peso das virtudes aportadas?
É de esperar que os tendeiros do Ceo
pesen separadas
as virtudes das maldades,
resultando diso o pagamento
celestial.
¡Daquela é cousa de ir preparados,
coa man na bulsa dos padecementos
soportados...,
para así equilibrar!
-.-
A satisfacción da obra ben feita
enche o peito,
e ninguén nos preguntará
canto tempo levou facela.
Cando non saian ben á primeira,
cambiar de moldes, cambia-los feitos,
pero antes de romper a ola
estudarlle os defectos,
pois,
¡non vaia ser o diaño
que repitamos o deseño!
-.-
Os desagradecementos
¿Queremos pertencer ao mundo
dos desagradecidos,
deses seres inmundos
que todo o dan por maldito?
¡Eu, non, e ti?
Todo o que recibamos sen obriga do dador
sexa agradecido,
e poñámonos á recíproca
agradecendo as atencións
con todo o corazón,
que é o mellor regalo
que esperan de nós!
-.-
Unha horta mal coidada
desacredita ao seu dono;
daquela mírate no espello,
no espello dos teus actos,
e se algo podes puír,
non o deixes para mañá!
Non consiste en ser guapo ou feo
por fóra,
senón na pulcritude da alma:
¡Se me porto ben,
boa fama merecerei,
e os demais,
se non ma dan...,
ao nabo de Lugo!
¡Amén!
-.-
Os materialistas
Os materialistas son precisamente iso:
¡materia,
materia corrupta,
moita cousa e pouca persoa!
Daquela mira ás persoas,
pois as cousas
pódense perder ou destruír.
Todos necesitamos delas
para sobrevivir,
pero hai que pensar que é o máis importante,
Deus, ou os ídolos?
Pois,
xa que son fillo de Deus,
para que namorarme do que vale
menos cá min!
-.-
Aprendamos a decidir

para facernos respectar!
Aprendamos en por nós,
para que non nos leven
polo cabezal,
pois,
se ben razoamos, e se ben decidimos,
homo sapiens seremos,
e por tales nos terán;
como tales
nos amarán!
-.-

Gómez Vilabella, Xosé M.
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora