Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Violencia doméstica

jueves, 05 de noviembre de 2009
A diario recibimos novas relacionadas coa violencia doméstica, sexa horizontalmente entre home e muller, sexa verticalmente entre un deles ou os dous contra dos fillos.

Pero agora aparece outro xeito de violencia familiar, en sentido inverso, dos fillos que agreden ós seus proxenitores, que cobra tal importancia que no Informe da Fiscalía Xeral do Estado de 2008, coñecido na apertura do Ano Xudicial, indica que neste fenómeno non hai distinción entre clases sociais e que os rapaces que cometen estes feitos son na maioría dos casos reicindentes.

Indica a Fiscalía que o internamento dos culpables non sempre está xustificado porque deterioraría de xeito irreversible a relación paternofilial, agravando o fondo do problema. E abógase pola solución educativa, a mediación entre as partes, para conseguir de novo a convivencia familiar.

Haberá que buscar algún tipo de solución para un problema que parece novo, que é tan tremendo como calquera outro desaxuste familiar, e que evidencia que algo moi importante se ten desfeito nestes tempos nos que tantos vencellos se parten.

A violencia doméstica é un lastre social, que se manifesta a diario. Que ten ramificacións de incrible alcance. Ben farán os poderes públicos en poñer cada día máis empeño en facela desaparecer, con todos os medios ó seu alcance.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania