Artigo publicado en "Lucensia" nº 71. Ano 2025.
1. Resumo
Neste artigo, que trata sobre o Santuario de Tarnas (Cervantes), fago unha análise breve dunha serie de elementos: a súa localización; algunhas pecualiaridades artísticas; a festividade da Virxe dos Remedios e ás lendas, ligadas a este centro sacro; a devoción popular, que irradia, reflectida nos rituais e ofrendas por parte dos devotos; e algunhas consideracións antropolóxicas.
2. Introducción
A relixiosidade de cada pobo, como todo fenómeno vivo, ten os seus trazos especiais. Cada comunidade vive e manifesta a fe dun xeito propio.

Unha relixiosidade é popular cando se configura con ese pobo e manifesta o seu sentir. É parte da cultura, dun modo de pensar e de vivir. Para comprendela cómpre ter en conta o pasado; o que na actualidade lle rodea; os trazos do lugar; o estilo das persoas; como viviron o cristianismo; que é o que herdaron dos séculos pasados; que é o que cada unha das xeracións recibiu e aportou. Polo tanto, é popular o que o pobo crea mais tamén o que recibe, asimila e fai propio Unha das manifestacións da relixiosidade popular radica nos santuarios.
O santuario é un espacio de culto representado por unha ermida, capela ou igrexa parroquial. A él van devotos da propia parroquia, na que se empraza o recinto sacro e, tamén, doutras comunidades máis ou menos lonxanas segundo o grao de influencia que exerza o lugar sacro. «El Santuario es un lugar de culto que atrae romeros en ámbito superior al local». Cando os romeiros non pertencen á parroquia o máis habitual é que veñan o día ou días propios da festividade da entidade sacra, simbolizada por algunha advocación de Cristo; de María; ou dalgún santo-a. «El santuario es un templo en el que se venera la imagen o una reliquia de la Divinidad, de la Virgen o de un santo de especial devoción». Éstes adoitan acudir ben dun xeito individual ou colectivo para suplicar á divindade a súa mediación ante unha serie de rogativas de índole material (sandar, obter boas colleitas, rogo polos recen nados...) e, algunhas -ás menos- de carácter espiritual; tamén veñen para cumprir coas promesas ofrecidas, logo de que a entidade sacra lles outorgase as peticións requeridas. «Los santuarios son percibidos como espacios sagrados, de los cuales irradia la salud material o espiritual, y a los que se acude de forma individual o colectiva».