Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Convivir coa dor

Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 05 de marzo de 2026
As convivencias son todas máis ou menos difíciles.
Somos todos tan diferentes...
Necesitamos renunciar a moitos dos nosos gustos para poder acomodarnos ós gustos dos outros e poder convivir pacificamente.
Temos moitas aristas que molestan ás persoas coas que nos encontramos polo camiño da vida:
-Existen diferenzas entre pais e fillos e viceversa
-Existen diferenzas entre irmáns.
-Existen diferenzas entre veciños.
-Existen diferenzas entre o alumnado e o profesorado.
-Existen diferenzas entre os doentes e o personal sanitario
-Existen diferenzas entre superiores e subordinados.
Existen diferenzas...
Pero tamén existe un denominador común:
A CONVIVENCIA: DENOMINADOR COMÚN
-Por razóns convivencia ámanse os esposos para levar adiante o seu proxecto de familia
-Por razóns de convivencia, límanse asperezas entre pais e fillos.
-Por razóns de convivencia suvíanse as relacións entre irmáns porque teñen as mesmas raices.
-Por razóns de convivencia: alumnado e profesorado póñense de acordo porque é o mellor camiño para preparar un futuro prometedor.
-Por razóns de convivencia, enténdense doentes e persoal sanitario porque está en xogo a saúde e, a veces, a vida.
-Por razóns de convivencia acomódanse superiores e subordinados.
Por amor a Deus e a Igrexa Católica, levámonos como irmáns os seus fillos.
RESUMINDO: as convivencias teñen as súas dificultades; pero as ventaxas son moitas máis e merecen a pena.
A MELLOR LIMA
A mellor lima é o AMOR sen lugar a dúbida.
-Cando hai amor entre os esposos, a convivencia funciona aínda que a carga resulte pesada de vez en cando.
-Sempre hai amor entre pais e fillos, por eso as convivencia é fluida, aínda que haxa desfase xeracional; eso é inevitable.
-Entre irmás pasa máis ou menos o mesmo.
-Pero con algúns veciños, a veces, convén gardar distancia...
-E cos superiores: a veces é moi fácil. Outras, depende.
-Cos sacerdotes non é tan difícil porque a Palabra de Deus rega as relacións coa gracia do perdón e da fraternidade.
A veces, entre cristianas tamén hai diferencias porque cada persoa interpreta a Lei á súa maneira.
Pero con amor, todo se supera.
¿E CANDO HAI QUE CONVIVIR COA DOR?
Esto xa son palabras maiores; pero a veces non queda outro remedio.
Hoxe en día a medicina avanzou moito e hai quen di que non hai por que pasar dor; pero non é certo.
A MEDICINA:
-Cálmanos a dor de moas.
-Cálmanos as cefaleas.
-Cálmanos unha lumbalxia.
-Cálmanos cando temos que facer unha intervención cirúrxica.
Cálmanos en motas ocasións; pero noutras...

TOCA CONVIVIR CON ELA
A dor forma parte da vida.
É común a tódalas civilizacións, a tódalas latitudes, a tódalas culturas, a tódalas relixións e a tódolos tempos.
Hai dores moi rebeldes
Dores que non teñen cura.
Dores coas que non queda outro remedio máis que convivir.
A mellor maneira de convivir coa dor tena que descubrir cada persoa coa axuda do correspondente profesional de medicina.
E cando chega a ocasión de que a medicina xa non pode axudar máis:
A PACIENCIA É UN REMEDIO MOI EFICAZ.
Pero cada persoa ten o umbral da paciencia nun límite diferente.
Porque a dor é algo tan duro, TAN DURO, que a veces as forzas humanas vense superadas e rebélanse, fai acto de presenza o mal humor e pode aparecer a desesperación...
A DOR NON FAI DISTINCIÓN ENTRE ATEOS, AGNÓSTICOS OU CRENTES; PERO...
As persoas crentes sofren igual que as ateas; a diferenza está no consolo da gracia de Deus.
Suman o seu sufrimento ó do Señor, convertíndoo en corredentor e o Señor dálles forza para non desesperarse, porque están na súas mans.
Non perden a esperanza.
"A ESPERANZA"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES