Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

Rivas Delgado, Antonio - martes, 03 de marzo de 2026
Misa de Réquiem para unha mosca

Aí está. A mosca. Polo bordo do vaso, buscando o seu manxar ou calculando a xogada. Eu ben podería cubrir o vaso coa man e deixala dentro, encerrada, condenada a unha morte lenta e literaria. Pero non son ningún monstro. Bastante ten coa súa efémera existencia: quince, vinte e cinco días... dous meses se a vida lle sorrí e non topa cun profesional coma min. Porque si, confésoo: son un especialista en artes marciais aéreas. Un chapamoscas, como me chamou unha vez unha sobriña. A esta non quixera cantarlle unha misa de réquiem porque, xa digo, que goce da súa curta existencia.
Pingas de Orballo Xa se me pousou unha vez na cabeza. Outra na man. Está xogando co lume. Que non haxa unha terceira, porque á terceira vai á misa. E non precisamente de voda.
Míroa ben e, contra todo prognóstico, dáme pena. Tan pequena, tan insistente, tan inconsciente. Así que, nun xesto de magnanimidade case papal, císcolle pola mesa o resto do azucre do café. Toma, criatura, date unha homenaxe. Unha boa lupanda antes da Apocalipse.
O día está fresco e un bandullo cheo sempre reconforta. Filosofía básica de supervivencia, válida para moscas e humanos.
Como se me entendese, lánzase ó azucre nun amén. Nin protocolo nin agradecementos formais. Iso si: achégase á miña man, pero sen tocar. Lista é. Sabe que á terceira vez activa o protocolo de defensa nacional. E así seguimos: ela, convencida de que domina o espazo aéreo; eu, coa man preparada para facer historia. Porque unha cousa é a caridade. E outra moi distinta é tentar a sorte tres veces seguidas.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES