Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Fernández Albor

miércoles, 04 de noviembre de 2009
Foi o primeiro presidente elixido na autonomía galega. E no 23F , en contacto coa súa Maxestade El Rei, deunos proba de ser un home tranquilo. Gobernou Galicia en tempos difíciles, e tivo que pechar cunha revolución dentro do seu mesmo goberno que rematou coa perda do poder do Partido Popular.

Naquel tempo había a sensación de que se necesitaba unha man máis firme, e o alcume de “merendiñas” foille atribuido pola súa presencia en canta celebración gastronómica ou das outras se celebraba en Galicia.

Tivo que pasar un cuarto de século para que os tempos cambiasen para Fernández Albor, como ocorreu con Adolfo Suárez.

Suárez, máis ca ninguén, sufríu ataques e vilipendio e rematou a súa presidencia co golpe de Estado do 23 F, abandoando o goberno case pola porta de atrás, sufrindo posteriormente avatares políticos que ou non merecía ou non debeu buscar.

E sen embargo agora, cando a memoria o ten abandoado, recibe todo tipo de homenaxes e recoñecementos como o gran gobernante que necesitábamos naquel tempo, e quen propiciou os primeiros e firmes pasos de España hacia a democracia.

Fernández Albor pasou polo silencio dos seus e dos alleos, figurando nos medios informativos somente pola súa presencia en determinados actos institucionais. E agora, tanto tempo despois, recibe a Medalla de ouro de Galicia, e é declarado Fillo predilecto da Cidade de Santiago.

Están ben os recoñecementos, antes de que sexa demasiado tarde. Dicía Ben Cho Shey que as homenaxes ou se fan a tempo (cando un pode enterarse) ou non se fan. Porque parece que a sociedade recoñece méritos cando está a punto de ser demasiado tarde, como se se agardase a que o individuo homemaxeado non sexa competencia para ninguén.

Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania