Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Soliloquios (5)

Gómez Vilabella, Xosé M. - viernes, 06 de marzo de 2026
A soa das persoas de soa
Soliloquios (5)
As persoas son, somos,
coma as campás,
que soamos ao lonxe,
a pouco que nos
lembren.
Pero hai dous sons,
ademais do neutro:
Aqueles feitos
que daríamos a vida
por non telos feito;
e logo están eses acertos
que corren coma o vento...,
só porque a xente pensa
que teñen
merecemento.
-.-

Nostalxia do paraíso
Os coches deixaron de pasar,
apagouse o seu bruído,
pero os farois seguen acesos
para que a xente non poida
durmir.
Nesta durme vela
a mente non para de transitar,
e a tan lonxe vai,
que a miña,
ata o paraíso,
non quixo parar.
Eva, miña avoa, deitada co seu Adán
nun colchón de herbas brandiñas
e collidos da man.
Noutro curro do xardín,
Lucifer,
¡un farol apagado, ese si!,
enroscouse coma unha serpe
para pasar desapercibido.
Agarda que Eva esperte do seu idilio
para violala,
para meterlle palla en albarda.
-¿Que, vaivos ben?
-¡Do mellor!
Pero o tentador,
aproveitando a ocasión:
-Iso é porque vos ten enganados o Señor,
ese que é un e trino,
ese que non admite desertores,
¡un sabelotodo!,
pero esqueceuse de arrincar a maceira
das mazás pecadoras;
¡esta!
-¿E, saben ben?
Lucifer, outra vez:
-¡Próbaas ti mesma, pois ese Adán,
de gusto pouco, que te ten virxe,
e os fillos sen nacer!
...
-¿Muller, que fixeches,
sen contar comigo,
que son o teu socio vitalicio?
-¡A culpa foi de Lucifer,
envexoso de que me deitase contigo!
-.-

O cerebro non é o importante
A Deus achéganos o corazón,
¡se é que no corazón está
o amor!
A cabeza é tanto máis perigosa
canto meirande é a intelixencia
que abeira.
Daquela,
¿onde está o perigo,
ese temoeiro que nos leva por mal camiño?
¡Nas mentes retortas,
sobradas de intelixencia;
complexas,
complexas e mal cultivadas!
Daquela
cultivemos o corazón,
pois,
téndoo,
pouca cabeza precisamos
para salvarnos.
-.-

¿En que somos máis cá vosoutros?
Deberan preguntarse
eses que se teñen
por preclaros!
Máis sodes na soberbia,
Alardeada,
se non tedes a humildade
de recoñecer
que a grandeza non é vosa:
Recibístela de Deus,
¡prestada!
-.-
Soliloquios (5)
Deus naceu nun portal
E eu nun feixe de pallas,
na cociña vella
de Bergland.

Grazas, meu Señor,
Xesús,
por darme esta ocasión
de presumir
que me parezo a vos,
aínda que só sexa
pola compañía
daqueles pastores do meu lugar.
Mais con iso e con todo,
moito me custa
erguerme
coa dignidade que corresponde
a un berce montañoso,
de palla e de toxos.
-.-

Se ollades ao voso redor,
¿que vedes?

Brazos tendidos,
apertas,
mesturados con algún que outro
pillabán.
Dos pillos non falemos,
que xa o fará Deus
no día do Xuízo.
Cómpre falar das apertas
dos irmáns,
deses que demostran selo...,
cos feitos!
Nesta ignorancia do mal,
do mal veciño,
eu só vexo o que quero ver:
¡Fraternidade!
E daquela acórdome de
“Grândola, vila morena,
terra da fraternidade”,
que así,
con esta cantiga,
comezou a
revolución dos caraveis,
en Portugal.
¿Non si, “Zeca” Afonso,
poeta lusitano?
Daquela,
vouna copiar,
para non esquecela!

Grândola, Vila Morena
Terra da Fraternidade
O povo é quem mais ordena
Dentro de ti, ó cidade!

Dentro de ti ó cidade,
O povo é quem mais ordena
Terra da fraternidade
Grândola, Vila Morena

Em cada esquina, um amigo
Em cada rosto, igualdade
Grândola, Vila Morena
Terra da fraternidade!

Terra da fraternidade,
Grândola, Vila Morena
Em cada rosto igualdade
O povo é quem mais ordena!

Á sombra de uma azinheira
Que já não sabia a idade
Jurei ter por companheira
Grândola, a tua vontade!

Grândula, a tua vontade,
Jurei ter por companheira
À sombra de uma azinheira
Que já nao sabia a idade!
Que já não sabia a idade!

-.-
Gómez Vilabella, Xosé M.
Gómez Vilabella, Xosé M.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES