Cómputo eclesiástico das festas móbiles
Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán) - jueves, 05 de marzo de 2026
Cómo calcular cando cadra o entroido
A base é o domingo de resurrección, que ha de celebrarse ao domingo seguinte do primeiro plenilunio (lúa chea), que coincida despois do día 20 de marzo. Ou sexa, colledes e mirades no calendario cando é en marzo a lúa chea, pois o domingo seguinte á entrada da lúa chea, é o domingo de resurrección.
O domingo de carnaval, será cincuenta días antes do domingo de resurrección.
Para que calculedes mellor, o domingo de resurrección deste ano 2020, cadra o día 12 de abril. Pois se contamos 50 días para atrás, daranos o día 23 de febreiro que ben a ser domingo e Entroido, ao día seguinte martes de Entroido, neste caso o día 25 de febreiro.
Tamén se pode mirar o carnaval da seguinte maneira, collendo o domingo de ramos (domingo anterior á Semana Santa), contamos corenta días ata atrás e daranos como resultado un mércores que ben a ser mércores de cinza, pois o martes anterior, é martes de Entroido.
E día principal do Entroido é sempre o MARTES.

Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán)
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora