Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Soliloquios (1)

Gómez Vilabella, Xosé M. - lunes, 02 de marzo de 2026
Todos somos pensadores;
todos podemos, queremos, e sabemos, pensar.
-.-
Dedicados á ASPNAIS de Lugo,
unha fundación xenerosa e ben pensada,
que xa cumpriu 50 anos da súa fundación,
saturada de acertos.
Por se serven de estímulo aos seus nenos.
Coido que todos valemos para algo,
e que somos útiles á humanidade...,
con tal de querer,
xa que,
¡querer é poder!

-oOo-

O amencer da Coruña vén de Lugo
Son as sete...
¡Teño outro día de prórroga!
Daquela..., a pensar,
e despois, teclear!
Deus, que digo hoxe,
que me digo?
Para iso,
para ben dicir,
dáme verbas axeitadas,
das que axudan a medrar,
das que axudan a rezar!
No que de min dependa,
quixera ser mestre,
para ensinar verdades;
para ensinar a ser persoas...,
ás persoas;
máis para iso cómpre
comezar por min mesmo,
puírme, ilustrarme.
¿Fontes para beber?
¡Xa que sei ler,
téñoas na Biblia,
e de Mestre,
Xesús de Nazareth!
-.-

Nas cartas antigas...

Onte, onte mesmo,
firmábase así:
"Este que lo es..."
¿Sono, estou seguro de ser quen penso ser?
Do único que estou é
de que ese traxe,
este do meu galán,
foi o que me quitei onte, onte mesmo.
¿Do resto?
¡Eu que sei!
-.-
Soliloquios (1)
Conta a miña muller que,
de noivos,
despedinme nunha carta poñéndolle:
"Eu son ese a quen dis amar,
e que, á súa vez,
tamén te ama".
Aquilo era certo xa que...,
¡casamos!
¿O resto?
¡Co que levo andado pola vida,
co que levo decidido,
feito e/ou omitido,
como diantres vou saber quen é,
nin como é,
este que vai entrar no meu traxe,
no de onte,
no de onte mesmo!
Daquela,
¿de que vou falar, de que vou tratar,
se nin a min mesmo me coñezo!
-.-


Mais, para que me teñades por amigo,
que iso quero ser, presentareime:
Que saibades quen son e de onde veño,
para que non vos asustedes,
pois estades lendo,
e vendo,
outro que tamén foi neno.

Soliloquios (1)


E case de neno,
Zoqueiro,
que moita honra diso teño.
As primeiras zocas non as gardei,
que as ía levando,
quincena a quincena,
á feira de
Castroverde,
onde as vendía para mercar
libros,
libros e paxelos.
Estas que aquí vedes,
xunto cos meus libros
de Agricultura e de Botánica,
son as últimas
que fixen,
e consérvoas
porque son os brasóns
da miña historia
persoal,
da miña nobreza,
pero tamén,
da miña pobreza!

-.-

O reloxo dos vagos
A clepsidra dos vagos
non se dá baleirado,
pero,
cando os traballadores se sentan enriba,
aceleran a caída.
Para os vagos non existe
a vida,
non dan por sabido
que chegan oito horas
para a durmida.
Inventáronse os reloxos
pero deles non tiñamos falta,
que xa nos avisa o sol
pola ventá:
"Arriba, lacazán, que xa cheguei
e non saes a recibirme
cos brazos abertos!".
¡Que gran amigo é o sol,
que nos esperta
amoroso
alargándonos a vida!
-.-
Gómez Vilabella, Xosé M.
Gómez Vilabella, Xosé M.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES