Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Alonso Montero

Xiz, Xulio - viernes, 27 de febrero de 2026
O cualificativo de "vello profesor" asignouse a Tierno Galván no tardofranquismo e comezo da democracia, pero tamén os lucenses o utilizamos para o profesor Fraguas cando creou escola en Lugo, e desde logo con Alonso Montero, que en Lugo creou unha escola de poetas na que figuran -Barrio, Rábade, Darío, Fiz ou Valcárcel...- os mellores versificadores deste país.

Alonso Montero Os que foron seus alumnos venerábano. Eu, que só era devoto amigo, cometía a cotio o pecado de atualo sen que eso significase deixar de recoñecer a distancia sideral que entre nós existía no coñecemento e nas querencias pola escrita e polo país.

Compartíamos o agarimo e devoción polo escritor Manolo Rodríguez, do que con Santiago Rodríguez, o fillo, fixo Antoloxía. E lembreino este sábado en Braga onde fomos coa nova exposición sobre o escritor amigo.

Era tan grande o vello profesor que foi quen de aceptar ser Fillo Adoptivo de Lugo, a pesar de que o Bloque lle puxese a proa, porque tiña tan gañada a distinción de Grande entre os lucenses, que non había máis remedio que santificalo. E quizais o seu corpo entendeu que despois de que Lugo se fixese máis grande ao recoñecerlle os méritos a prol da cidade bimilenaria, non lle quedaba nada por facer neste planeta galego que se rendíu a el hai moito tempo.

Eu non sei se bos comunistas cren no máis aló, pero os que cremos que ten que haber algo máis despois desta vida terrea, entendemos que Alonso Montero ten alí un lugar de privilexio, para seguir contaxiando de galeguismo, de cultura e bonhomía a todos os que a el se acheguen.

Currículum de Xesús Alonso Montero en Galegos de GaliciaDigital
.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES