Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ciencia e fe

Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 26 de febrero de 2026
É ben cerro que a ciencia avanzou moitísimo nos últimos tempos.
¿Quén lles diría ós nosos devanceiros que teríamos:
- Coches en tódalas casas en todo o mundo desenvolvido.
- Electrodomésticos en abundancia para os labores do fogar.
- Ordenadores que ata nos permiten traballar a distancia sen ter que desprazarnos diariamente ó lugar de traballo.
- Móbiles que tanto podemos facer chamadas como mandar mensaxes, como banca electrónica, como pagar un billete de avión ou calquera outra cousa.
- Robots para o fogar,
- Robots para a medicina.
- Robots para a industria.
- Trasplantes de órganos, etc, etc...?
DEUS REGÁLANOS ALTAS CAPACIDADES
Os humanos podemos exercitar as nosas capacidades; pero non crealas.
Eso é un regalo divino.
Grazas a Deus que nos dá persoas con altas capacidades que se queiman as cellas estudiando cómo resolver moitos problemas.
Tamén temos que animar moito á xente nova con altas capacidades para que as empreguen en beneficio da humanidade.
Tódolos adiantos son maravillosos sempre e cando melloren a calidade de vida humana.
CIENCIA, CANTA MÁIS MELLOR.
Sempre oín que: "o saber non ocupa lugar".
Admiro as persoas que estudian cada día para aprender máis e máis.
¡Hai tanto que aprender!
Tamén admiro as persoas investigadoras.
¡Queda tanto por investigar...!
SOBERBIA, NON.
Hai persoas que pensan que a ciencia dá solución a todo.
Crense tan sabias que lles parece que poden dominar o mundo incluida a nai natureza.
¡Nada máis lonxe da realidade!
Cando estou escribindo esto, as noticias móstrannos a media España asolagada: pobos deshaloxados, cultivos perdidos, natureza estragada, ríos desbordados, montes arrasados, tellados polo aire...
A CIENCIA É INSUFICIENTE.
O único que pode poñer remedio é Noso Señor.
Necesitamos a súa axuda.
¡Que o Noso Señor ilumine as mentes das autoridades para administrar correctamente os recursos que pon nas súas mans!
O NIVEL DE VIDA QUE LEVAMOS...
Todo o mundo corre para as ciudades porque na cidade hai máis comodidades, pódense estudiar máis cousas, vívese mellor...
Si, si, poboación aglomerada nas grandes cidades e o campo a barbeito.
SATURACIÓN ATMOSFÉRICA
Producimos tantos residuos que a atmósfera xa está empachada.
Está empachada e xa vomita.
Tanta industrialización estanos pasando unha factura moi elevada.
Reciclar, reciclábase antes: o que non valía para as persoas ía para os animais e o que non, para corte e os animais facían esterco co que se aboaban as terras e producíanse novos froitos, todos ecolóxicos.
¿CARA A ONDE IMOS?
Cada día aparecen enfermedades máis rebeldes.
A ciencia axuda moito, incluso cura moitas enfermidades, outras cronifícaas e os doentes convivimos con elas un determinado tempo.
Outras son incurables, hoxe por hoxe.
QUEDAN DÚAS ALTERNATIVAS
Hai persoas que se preguntan:
¿Por qué a min?
Loitan, desespéranse, amargan a vida ós coidadores e aí acaba todo.
Outras son máis realistas, aceptan a dor como unha realidade.
As crentes confían na Providencia, poñen nas mans de Deus ese sufrimento e lévano con paciencia pensando que a dor ten que ter unha explicación cando foi o camiño que elixiu voluntarimente o Noso Señor Xesucristo.
Se Él prefiriu facelo así.
¿Qué nos espera a nós?
"CONVIVIR COA DOR"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES