Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O templo son os pobres

viernes, 07 de noviembre de 2003
Na historia da salvación aparece Deus acompañando ó Pobo. A Arca (no deserto) e o Templo (en Xerusalén). Isaías: "ningún templo poderá conter ó que é o Señor do ceo e terra" (Is 66). Xeremías: "Se emendáde-la vosa conducta, se non explotades ó forasteiro, ó orfo e á viúva.. entón habitarei neste lugar". Avance da Lei Vella.

Ó chegar Xesús mostrarnos ó Pai e a morrer-resucitar por nós, anuncia, con toda craridade:: "chegou a hora (¡xa está aquí!) na que para dar culto ó Pai non hai que subir a ningún templo, (nin a Garizim nin a Xerusalén), xa que o verdadeiro culto é a adoración en espírito e en verdade". (Xn.4,23). A vontade do Pai é o lugar onde Xesús encontra e adora a Deus.

Xesús tivo violentos enfrontamentos cos fariseos-doctores da Lei por mor do Templo. Anunciou que da súa beleza-riqueza non ía quedar pedra sobre pedra. Estaba corrompido. Convertérano "nun mercado" e en "cova de ladróns".¡Chamada á nosa Igrexa que parece non ter superada a vella, contradictoria e antievanxélica tentación!.

Xesucristo é o verdadeiro templo. ("Derrubado polos homes foi levantado por Deus ós tres días"). Da Pascua, de Xesús Resucitado, nace a Igrexa, a Comunidade de crentes, edificada en Cristo, Pedra Viva-Angular na que se apoian as outras pedras vivas (¡os crentes!) ata construí-lo verdadeiro templo no que se ofrece ó Pai o culto do sacrificio espiritual e do amor mutuo. Pablo resúmeo así: "Ese templo sodes vós"(Cor.3,16).

As igrexas deben ser conservadas. Por dignidade e testemuño do seu pasado/presente. ¡Que non lles chegue tamén a desfeita!. Se deixamos que se derruben é posible que tampouco se manteña a Comunidade-Parroquia!. Sen embargo, o importante é dar pasos cara a construcción do verdadeiro e único Templo de Deus que é Xesucristo. A Igrexa é a Casa que Deus edificou. Deus está en Cristo, na Comunidade edificada sobre El e nos gozos e nas esperanzas, angustias e tristezas de cada home/muller de tódolos tempos.

¿Que templos temos de conservar-construir-coidar na nosa Comunidade-Mundo?. Os do amor, os da xustiza, os da paz, os da defensa dos pobres. Cristo identificouse con eses templos "de carne e óso" que son os homes/mulleres concretos, víctimas das inxustizas. Lembrémo-las verbas de Xesús: "Cada vez que o fixestes con un destes meus irmáns máis pequenos, famentos, forasteiros, espidos, enfermos,...a Min mo fixestes". Seguen a se destruír milleiros de templos vivos, novos cristos levados á cruz, humillados por tanta morte, tanta violación dos dereitos humanos, tanta guerra, tanta carreira de armamentos, tanta mentira dos poderosos, tanta explotación, tanto egoísmo dos países ricos.¡Abonda con botar unha ollada ó Estreito de Xibraltar!. ¿Como pode ser isto real no mundo rico do século XXI!?. ¿Como se pode chegar a semellante deshumanización?. ¿Como se pode estar calados, en silencio?. ¿¡Sobre todo, os que confesamos ser seguidores de Xesús!?. Alomenos..¡dignidade-coherencia!
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES