A gran vitoria de Xesús
Miguélez, Xosé Antón - domingo, 22 de febrero de 2026
DOMINGO 1º CORESMA (A).- Xen2,7-9;3,1-7.- Sal 50(51).-Rm 5,12-19:- Mt 4,1-11
+ Comeron do froito prohibido, e decatáronse que estaban espidos (Xen 3,7)
+Crea oh Deus en mn, un corazón puro ( Sal 50(51),12
+ O obedienia dun só volveu xustos a todos (Rm 5,19)
+Arreda Satanás: só ao Señor o teu Deus adorarás, e so a El darás cukto. (Mt 4,11)
A GRAN VITORIA DE XESÚS NAS TENTACIÓNS QUE COMPARTE CON TODOS
Felicísimo ía o santísimo Espírito
veloz cara o deserto levando no seu seo,
o humildísimo fillo da terra e do divino,
que por fin vencería as trampas do Maligno
que antes del impediran vivir no paraíso.
Levaba a unha batalla, antes sempre perdida,
ao humilde nazareno, Xesús o de María,
o de Xosé e Abrahán, e así do vello Adán,
enfrontarse pequeno, só coa fe que confía,
ao tentador experto que da paz arredaba.
Por fin aparecera, tras larguísima agarda,
o capitán valente sen sombra de xactancia,
o irmán dos rexeitados, tenro en todo e purísimo,
sen anoxo ao mancado e loitador paciente,
que ha culminar o Reino que o Señor puxo en marcha.
Ven renarte e proba, a túa pillaría,
xa inútil fracaso, ante a fe sen degretas,
de quen de Deus se sabe, de quen do amor se fía,
en toda circunstancia querido e prometida,
sen dúbidas de abismos, sen traizón na Alianza.
Nin as présas que aburan, ante a fame indixente,
nin a ambición cativa de ser sobresaínte,
nin o tentar ao Alto adiantando a promesa,
van separar ao Fillo do PaiNai que o recibe,
nin ao irmán solidario do amor que nolo entregue.
Bendito Xesús Cristo, vencedor para todos,
das tentacións que sempre, mandaban ao extravío
de exilios sometidos a tristuras sen patria,
que xa por fin contigo, volvéronse camiño,
desa mesma vitoria para o teu pobo humilde.
Apertas de domingo

Miguélez, Xosé Antón