O venres, día 20 de febreiro, ás 19 horas terá lugar no salón nobre do Colexio de Fonseca (USC), a sesión solemne de inauguración de curso da Academia Xacobea.

Logo da apertura do acto a cargo do presidente da Academia, D. Marcelino Agís Villaverde, a secretaria xeral da academia Dna. Milagros Otero Parga lerá a memoria de actividades do ano 2025.
A seguir a académica numeraria Dna. Pilar Falcón Osorio, xornalista e presidenta do Club de Periodistas de Madrid, pronunciará a lección inaugural titulada: "O pracer de falar abre camiños".
Logo do discurso institucional do conselleiro de cultura, lingua de xuventude, D. José López Campos, consellería á que está adscrita a Academia, pechará o acto o presidente da institución.
A Academia Xacobea, que o próximo día 23 de febreiro, celebra as súas primeiras elección por sufraxio para elixir ao presidente e á xunta de goberno que rexerá o seu destino nos próximos 5 anos, ten xa a vista posta nas actividades a celebrar o Ano Santo Xacobeo 2027.
Asemade será un ano no que tomarán posesión unha importante nómina de académicos de honra e correspondentes xa nomeados, para articular a súa presenza en distintos lugares da xeografía española e doutros países.
O acto estará aberto ao público ata completar o aforo.
Marcelino Agís Villaverde, Presidente da Academia Xacobea.