Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Xénese da Noosfera e algunha aplicación (2)

Rubal, Pedro - viernes, 06 de marzo de 2026
Teilhard, que asistiu a unha guerra, ofrécenos un exemplo pertinente, apoiándose en que, despois das guerras, actitudes egoístas, vicios de toda clase, explotacións, desvergonzas, ..., ven a dicirnos que "as forzas da natureza dominan para o construtivo, e se non fose así, dificilmente a vida abriría camiño ata o ser humano. Aínda hoxe podemos constatar como despois das guerras se aceleran os éxitos científicos e tecnolóxicos, e se perfeccionan as comunicacións, segundo o uso que se faga dos coñecementos científicos". A mesma sociedade do pesimismo cimenta o ZEITGEIST (Espírito da Época) cunha CONCIENCIA COLECTIVA que se caracteriza polo sentimento de destrución e pesimismo. Incluso hai estudosos que abrigan a esperanza de que os tempos melloren. Tal é o caso do científico cognitivo e profesor de Havard, Steven Pinkey, que pensa que a violencia vai declinar ao largo do tempo, e sostén que sería interesante chegar a unha relación estable entre biosfera e litosfera.
Hai tamén aplicacións restritivas da extensión do concepto "noosfera", entendido como conxunto de seres intelixentes no medio no que viven. O ruso Vladimir Iranovich Vernadski utiliza a noción deste termo de Teilhard para explicar a natureza e as implicacións da crecente intervención humana nos ciclos bio - xeo - químicos planetarios, é dicir, como un espazo virtual no que se da o nacemento da PSIQUIS ("nooxéneses"), onde ocorren todos os fenómenos, patolóxicos e normais, do pensamento, e parte de que a evolución ten tres partes: "xeosfera" (evolución xeolóxica), biosfera (evolución biolóxica) e "noosfera" (evolución da conciencia universal), rexida pola humanidade para conducir a enerxía liberada no acto do pensamento e xerando, ao mesmo tempo, a conciencia universal. Ambos intelectuais coinciden no proceso, aínda que na última etapa os obxectivos son distintos: Para Vernadski, a última etapa é unha visión do pensamento científico, que acelera, modifica e vai tomando o control do natural, no que nunca discute un posible fin da "noosfera". Pero para Teilhard, o lado psíquico da materia devén determinante, para apuntar así a culminación dun proceso onde a "Terra-noosfera" é substituída por unha "super-mente", significando deste modo a realización do Espírito na Terra. (Para o relativo a Vernadski pode consultarse a súa obra "La biosfera", A. Machado Libros, S.A., 1.997, tomado en Wikipedia).
Ademais o naturalista e escritor inglés Colin Tudge sostén que a intelixencia non é patrimonio dos homes: tamén os animais son listos e intelixentes. Parécelle claro que a orientación dos xenes empuxa aos animais, e aos humanos, cara a cooperación, a xenerosidade, a moralidade, moito máis do que nos inclina a ser egoístas e a inimizade. (Véxase Fr. De Waal, na obra "La edad de la empatía". "¿Somos altruístas por natureza?", Barcelona, Turquets, 2011.). Non hai só colaboración entre os diferentes elementos compoñentes do noso planeta, senón que tamén a Gaia funciona como un único organismo vivo (Thompson, W.I., en "Gaia. Implicaciones de la nueva biología". Barcelona, Kairós, 1.989. 3ª ed. de 1,995).
O filósofo norteamericano Eric Steinhart, profesor da Universidade Willian Paterson, partindo de que para Teilhard a escala da complexidade vai dos átomos aos humanos, e máis aló, formula así a lei da complexidade: "A emerxencia cada vez de sistemas máis complexos é directamente proporcional a emerxencia de computadoras cada vez máis poderosas". E para Teilhard a "nooxéneses" é a emerxencia de mentes máis e máis poderosas, que, traducido a linguaxe da computación, enténdese como "a emerxencia de computadoras cada vez máis poderosas". Isto podería levarnos a buscar analoxías, ampliando as implicacións, coas seis épocas da complexidade que describe R. Kurzweil, que é o pai do "transhumanismo", cando afirma a transformación da vida polo ritmo do cambio tecnolóxico, e dos humanos en "superhumanos" (a singularidade para E. Steinhart).
Rubal, Pedro
Rubal, Pedro


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES