Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Miña nai

Silva, Manuel - lunes, 23 de febrero de 2026
É moito o que eu che quero
-Carme García Salgado-
miña querida mamá.

Polo moito que fixeches,
polo moito que pediches
pra que eu saíra adiante.

Sei o moito que sufriches
ó ver morrer un fillo que
tan só tiña sete anos.

Este feito foi un cravo
cravado no corazón
que non puideches arrincar.

Pasaches parte da vida
facendo mollos na leira,
recollendo o gran na eira.

Facendo xantares no lar,
muxiendo sempre as vacas,
facendo queixo e filloas.

Carrexando auga da fonte
lavando a roupa de todos
no lavadoiro do prado.

Sei que os teus osos están
no cemiterio de Moldes
e a túa alma no Ceo.

Non teño dúbida alguhna
de que intercedes por min
mentres lle cociñas a Deus.

Segues facendo bo caldo,
tortillas moi saborosas,
patacas fritas moi ricas.

Sempre me sae una bágoa
ó recordar como ibas
de xeonllos cara á Cruz.



Eu sei que ti o facías
pra tratar de conseguir
saúde e sorte prós fillos.

Tamén Sira, miña irmá,
deu voltas de xeonllos
derredor da mesma Cruz.

Esta marabillosa Cruz,
que seica é milagreira,
ten ermida en San Benito.

Gracias, querida mamá.
Oxalá que Deus nos dea
moita xente coma ti:

Honrada e traballadora,
solidaria, boa veciña,
chea de amor e tenrura.

Sempre que penso na morte
só me sonsola saber que
durmirei no teu regazo.

(Tódolos días do ano son: DÍA DA NAI)
Silva, Manuel
Silva, Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES