Un novo rumbo é posible
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 19 de febrero de 2026
O ser humano ten capacidade para evolucionar rectificando.
Cando algo vai mal, cómpre cambiar de rumbo.
TEMOS UN FUTURO COMÚN
Somos seres divinamente orixinais.
Somos todos diferentes.
Nacemos en familias diferentes.
Recibimos unha educación familiar diferente.
Aproveitamos as oportunidades de maneira diferente.
Cada persoa ten o seu propio ADN: único e irrepetible.
Moi diferentes; PERO CON CAPACIDADE PARA ACTUAR UNIDOS.
NACEMOS LIBRES
A liberdade é unha das características do ser humano.
Nacemos libres para elixir entre as mellores oportunidade que nos presenta a vida.
Pero ante as mesmas oportunidades cada persoa reacciona de modo diferente.
Dentro dunha mesma familia pode darse moita variedade: uns parécense ó pai, outros á nai, outros...
Hai irmáns que se semellan como dúas pingas de auga.
Hai irmáns que non se parecen en case nada.
Sexa como sexa todos ESTAMOS CHAMADOS A CONVIVIR
PACIFICAMENTE.
COLLEMOS RUMBOS DIFERENTES
Ó ser todos tan diferentes, as rotas elixidas tamén son variadas.
Certo que hai uns valores univiersais a nivel moral e ético.
Pero a veces cóstanos encaixar porque a vida presenta dificultades:
-Entrar pola "porta estreita" esixe moitas renuncias.
-A "porta ancha" é máis atractiva a primeira vista.
TODOS COMETEMOS ERROS
O noso ego xóganos malas pasadas:
-Coñecemos en certa medida as nosas limitacións pero negámonos a aceptalas.
A nosa soberbia non nos deixa ve-la realidade.
Incluso os crentes nos desviamos a pesar que coñecemos cal é a lei de Deus.
Con máis facilidade poderán desviarse os que a descoñecen ou a ignoran.
A VIDA ESTÁ CARGADA DE FALLOS.
NON HAI PAIS PERFECTOS:
Todos queren o mellor para os seus pupilos; pero para que non se frustren ofrécenlles o camiño máis fácil:
- Quéixanse ante o profesorado.
- Quéixanse (os crentes) ante os sacerdotes.
Deste xeito o ser humano deixa no tinteiro moitos dos seus mellores talentos.
MOITOS PAIS PRECISAN CAMBIAR DE RUMBO.
NON HAI FAMILIAS PERFECTAS.
Nunca as houbo e nestes tempos con tanta variedade, menos aínda.
Tamén é certo que hoxe chamamos familia a cada xuntanza de persoas baixo un mesmo teito tanto se son heterosexuales como homosexuales.
Pero verdadeiramente a familia está formada por un pai, unha nai e uns fillos, podendo incluirse outros membros da familia de sangue.
O resto son fórmulas de convivencia máis ou menos aceptadas pola sociedade actual que de perfectas tampouco teñen moito.
Os resultados saltan á vista.
¿NECESITARÁN CAMBIAR DE RUMBO CERTAS FAMILIAS ACTUAIS?
NON HAI PAÍSES PERFECTOS:
Se os pais fallan e as familias tamén...
É lóxico que a sociedade sexa tan variopinta como estamos vendo.
CÓMPRE COLLER OUTRO RUMBO
Que deberíamos mellorar, vémolo moitos.
A ciencia avanzou tanto que chegamos a pensar que é suficiente.
Pero ciencia e fe son as dúas caras da vida.
A CIENCIA SEN FE NON FUNCIONA, porque sen transcendencia a vida humana non ten sentido.
A FE SEN CIENCIA TAMPOUCO porque cómpre empregar ó máximo os talentos que Deus nos dá para seguir evolucionando
Cómpre poñer a Deus no lugar que lle corresponsde e ó ser humano tamén para que ciencia e fe evolucionen ó servizo das persoas.
"CIENCIA E FE"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora