Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Estrela no alén, D. Xesús Alonso Montero

Timiraos, Ricardo - jueves, 19 de febrero de 2026
Cando os paus son tan fortes como foi a noticia da súa morte, D. Xesús, o corazón, que chora bágoas e verbas, necesita apousar e esperar que o tempo amaine a dor. É preciso así deixar que as feridas do corazón poidan afogarse na sinceridade disa amistade que me brindou durante sesenta anos. Tempos, nos que aínda alonxados, compartíamos o amor á Terra, e por ende á Fala e a nosa xente. A súa vida foi un eterno servicio a ista Galicia mártir, labrega, mariñeira, obreira... onde a sinceridade, a valentía, a dignidade coas que se vive son tan escasas. Vostede sachou moitas verbas- recordo a anécdota de seu pai: "Se o neno no val para nada, que estudie"-. Vostede enseñoume moitas cousas, naqueles tempos que un rapaz novo pode vivir dando tumbos, a paixón que ha de ter un mestre, o valor de loitar polo que se quer, a sinceridade sempre como patrimonio, o saber levar erguida a bandeira da honestidade vital. O que é a dignidade. Os homes así non abundan; pero son fachos que nos aluman nistas corredoiras tan cheas de lama, caciques, mexamormos e ciroliñas. Enseñoume tamén que, sendo eu un gran folgazán, cecais poidera aprender algo dos nosos autores. E mire por donde, cecais axudou a emigración e algúns outros exemplos.
Lembro moitas anécdotas con vostede: Por exemplo, cando vestín a un emigrante de D. Quixote e o aparqueino no seiscentos en Pedrafita. ¡Ríanse pouco os compañeiros! Despois preguntoume se lera ós nosos clásicos. Daquela había outras prioridades con faldas, D. Xesús. Outra: ¿Deixame ir o cine coa moza? E, movendo a cabeza de lado a lado, deixábame. Esas cousas non as esquece quen sabe o que signiifican. Soupo ser paciente e ganarme para tan noble causa. Se hoxe escribo e grazas a persoas coma vostede. ¿Recorda as veces que nos víamos en Madrid nas súas conferencias? Non perdía unha, necesitaba beber na súa fonte. Na miña biblioteca viven libros daqueles tempos.
Dicía Martín Lutero King que para ter enemigos so fai falta dici-la verdade. Grazas a ela ambo-los dous estamos servidos. Mais hai unha cousa que a mentira non pode calar: a coherencia. Nunca reparei en que se vostede era comunista-tempos nos que tiñan cornos-, se era republicán, cousa moi precisa hoxe, se creía en Deus... e todas isas táboas de clasificar que usan os mediocres para as súas clasificacións. Nós aprendemos a vivir doutro xeito e deixamos para eles as calumnias e descalificacións. Como dicía Cicerón: "A testimuña da miña concencia vale máís que todos os discursos dos homes".
Non quero rematar esta primeira despedida, haberá máis, porque as estrelas na miña vida cada día son máís escasas, sen agradecerlle a última conversa: foi en novembro de 2023. Con gran ledicia recibín a súa chamada na que me animaba a seguir escribindo poesía. Contesteille que sentía pudor, que a poesía é demasiado sublime para que un xuntaletras coma mín ousara escribila. Como bó tolerante, respetou a miña opinión. Levo moito tempo lonxe dela, e aguilloado, ata empecei en honor de vostede istes versos:

ELEXÍA A ALONSO MONTERO
Entre Vigo e Ventosela
Un neno labrego sementaba verbas,
sachaba na Terra as nosas arelas.
O neno ¡meu ceo querido!
Tamén sementaba anacos de estrela.

Se me acompañan as musas, ata é posible que supere o meu medo.
Saiba, meu benquerido D. Xesús, ilustre MESTRE, a orfandade que deixa. O meu corazón esnaquizado.
Timiraos, Ricardo
Timiraos, Ricardo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES