Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Google no Camiño

viernes, 30 de octubre de 2009
O particular faise universal, e xa é unha verdade case absoluta que todo está na Rede, e dentro dela prácticamente todo está en Google, o buscador que ten gañado todas as batallas para ser considerado o Rei.

É sabido que a maioría dos internautas á hora de pescudar calquera contido na Rede, acude a Google. E mesmo entre as páxinas en Internet é motivo de orgullo e prestixio figurar nos primeiros postos de resultados cando se buscan conceptos que coinciden cos contidos de cada páxina ou portal.

Pois Google, con ser mundial, vaino ser máis para os galegos e todos os que teñan relación co Camiño francés a Compostela, xa que o Camiño vai estar reflectido neste buscador que vai permitir facer un recorrido virtual pola ruta máis coñecida das que conflúen na cidade do Apóstolo, na capital do occidente.

Mediante un acordo entre o Xacobeo e Google, o próximo Ano Santo 2010 xa vai ser posible atopar no rei da Rede información grafíca para que os peregrinos poidan facer ou recrear o Camiño a través de Internet.

É un signo dos tempos, a posibilidade e a necesidade de aplicar as novas tecnoloxías ós vellos camiños, posibilitando que os vellos anceios poidan facerse realidade de xeito máis cómodo e completo.

Google estará no Camiño para que o Camiño estea en Google. E todos os demáis portais que falen dos Camiños, como é o caso de Galicia Digital, consideraremos estar apoiados por un dos máis grandes á hora de prestar atención informativa ós millóns de persoas que seguen a pensar en Compostela á hora de redimir polo esforzo os seus anceios e inquedanzas de ledicia, aventura ou fe.

Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES