A UNED Senior Coruña celebra o Entroido en Guitiriz: exemplo de envellecemento activo e alegría de vivir.
A UNED Senior Coruña viviu unha entrañable e animada xornada de Entroido en Guitiriz, coa participación das aulas de Momán (Xermade), Paderne e Monfero. O encontro reuniu alumnado e profesorado nun ambiente festivo no que a música, os disfraces e a convivencia foron os grandes protagonistas.
A celebración demostrou, unha vez máis, que a idade non é ningún impedimento para gozar, aprender e compartir. Persoas maiores de 89 anos participaron activamente na festa, lucindo orixinais disfraces e contaxiando o seu entusiasmo a todas as persoas presentes. A súa presenza simboliza o verdadeiro espírito da UNED Senior: fomentar o envellecemento activo, a participación social e a ilusión por seguir vivindo novas experiencias.

Durante a xornada non faltou a música en directo, con acordeóns que puxeron banda sonora a unha mañá chea de sorrisos, lembranzas e compañeirismo. Máis alá da celebración, o acto puxo en valor o papel fundamental das persoas maiores na nosa sociedade: activas, comprometidas e cunha admirable alegría de vivir.
A UNED Senior Coruña continúa consolidándose como un espazo de encontro, aprendizaxe e benestar, onde a formación permanente se une á amizade e ao desfrute compartido. Porque cumprir anos non significa deterse, senón seguir sumando momentos.
Estamos finalizando o prazo de matrícula. Agora mesmo temos 266 matriculacións e chegaremos ás 350 para este segundo cuatrimestre.