Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pena Souto, dez anos despois (2)

Xiz, Xulio - lunes, 23 de febrero de 2026
San Mamede dos Anxos, 3.02.2026

Emprendedor
En 1949, Pasou a cumprir o servizo militar ao Rexemento de Castillejos de Cabalería Motorizada, de Zaragoza. Aínda que outra fonte indica que pasou dous anos en África.
Pena Souto, dez anos despois (2) Ao casar con Concepción Puentes Carreira, fixaron o domicilio durante un tempo na casa dos pais de Concepción, en Viador, de San Mamede dos Anxos. Nesta casa impartiu clases particulares, como antes fixera no edificio inmediato á casa de Fouz, en Recimil. Moi axiña o matrimonio trasladou o seu domicilio á praza lucense de Campo Castelo. Co tempo, volveron para Viador, despois de acondicionar a súa propia casa, onde a Casa de Puentes. Quería estar na aldea; era o seu sitio.
Tiveron catro fillos: José Luis, María Dolores, Roberto Carlos e Margarita Isabel. E catro netos: Marta, Alejandro, Alba e Carmen. A súa dona Concepción, morreu en 2005. Serafín, once anos despois. Loli foi rotunda: Era o mellor pai do mundo.
Durante un ano traballou na Xefatura Provincial de Gandeiría, tema ben acorde coa súa vocación rural, pero axiña asomou a faceta empresarial que iniciou montando mesas de futbolín a comisión en establecimentos de hostelería. Hoxe mesmo un amigo me informou de as liquidacións que facía, sempre, as redondeaba xenerosamente a favor da outra parte.
Foi o que hoxe se chama un emprendedor. Empresario. Loitador. A por todas, para sobrevivir..
Vendo a miña propia experiencia, coido que que xurda unha persoa coma el é produto dun tempo, dun país, dun carácter... era ansia de progreso, de saber, de crear unha familia, ansia de vivir.
E esa ansiedade traduciase en traballar, en xestionar, en pensar, en arriscarse, en negociar... mesmo, como dicía o meu compañeiro, en perder do propio para que os demais vivisen. Ser desprendido sabendo que a xenerosidade ten recompensa sempre.
Intentou, con éxito diferente, numerosos negocios. Supoño que un dos máis florecentes foi "El Recreo", na rúa Bispo Aguirre, no camiño cara os institutos, un dos lugares máis coñecidos e frecuentados pola mocidade da capital lucense durante moitos anos. Tardaron un ano en darlle a autorización; era o primeiro dese tipo que se montaba en Lugo. Antes estivera establecido na praza do Campo Castelo.
Dedicouse á construccion, mercou unha piscifactorìa e mesmo chegou a organizar co notario Orol espectáculos taurinos, pero o tema non resultou.
De Pena Souto hai que lembrar o establecemento de decoración Banaka. e logo floristería na rúa de San Pedro. Na zona da Milagrosa, tamén Bánaka decoracion. En hosteleria, participou en Casa Pedro, triunfou con Los Tilos (tamén, no camiño dos Institutos), a Cafetería San Marcos... e por fin a Casa Grande de Nadela, como aposta definitiva polo lugar da súa especial querencia.

En política
No 73 entrou en política, cando aínda na práctica non se podia falar de polìtica. Foi concelleiro polo tercio de cabezas de familia no 1973, costeándose a súa campaña, quedándonos como lembranza a foto dunha parede chea de carteis co seu nome.
No mundo da política, entrou por inquietude, e nunca problemas tivo nel, xa que sempre foi moi respectuoso coas diferencias políticas.
Na Voz de Galicia do 14.11.1973, aparece o resultado daquelas eleccións nas que Ramón González obtivo 7.972 votos (8060, díxome Ramón), Pena Souto 3.640 e Carlos Costas Lombardía 3.426.
Aquel mesmo ano Pena Souto aparecía no xornais como empresario de Bánaka, representante en Lugo da organización que publicara a "Guía del papel pintado", que se citaba como "unha revolución no mercado deste papel".
A política municipal non daba moitos titulares, polo que me chamou a atención unha noticia publicada pola Voz o 18.02.1976, dando conta de que se producira un roubo de 40.000 pts. na sala de xogos "El Recreo", informando de que o propietario era concelleiro do Concello de Lugo, e "persoa moi coñecida na cidade".
O 10 de setembro de 1977, aparece Pena Souto como un dos sete concelleiros que acudiron a unha sesión extraordinaria, na que facían falla dez para tratar a reparcelación do Carmen e Saamasas. Armouse unha boa entre o público que protestaba pola falta dos concelleiros ausentes.
Pena Souto, dez anos despois (2)
O 3 de abril de 1979, celébranse as primeiras eleccións democráticas en España, e Pena Souto, xa dentro de Coalición Democrática -que logo sería A.P. e por fin o P.P.- que consegue catro escanos, obtén acta de concelleiro. Da anterior etapa conservaban escano coma el Aniceto Codesal, Ramón González, Manuel Granxeiro e Francisco Cacharro.
Repetiríanse as eleccións ao final daquel mesmo ano, por reclamación da lista que encabezaba Mauricio Posada, Coalición democrática pasou de catro a seis concelleiros: Aniceto Codesal, Jesús Vázquez Gallego, Francisco Cacharro, Pena Souto, Torres Pacios e Sangregorio Marbán.
Chamoume a atención o comentario de que non era fervientemente monárquico, e sen embargo tiña no seu despacho unha foto na que saudaba ao Rei, agora emérito, na inauguración da Escola Ramón Falcón. E hai outra foto na que saúda ao entón príncipe Felipe, nunha recepción oficial diante da casa do concello.
Pero esto fíxome lembrar que a mediados dos anos setenta do pasado século, ninguén neste país era expresivamente monárquico, pola presión de catro décadas de dictadura, e o oscuro panorama que tiñamos por diante con tremendo temor polo futuro.
Trinta e tres anos foi concelleiro desde o comezo como independiente, sempre cos Populares. Na súa longa e froitífera vida pública, conviviu con oito alcaldes, e sempre foi o home do rural lucense, no que coñecía e trataba a todo o mundo.
Sen deixar o concello, no Parlamento de Galicia foi deputado de 1989 a 1997, participando en varias comisións, sendo vicepresidente da de Economía durante oito anos.
Como especialista no tema do Xogo, participou activamente na súa regulación, na elaboración da Lei do Xogo de Galicia, e fundou a primeira Asociación Galega de Empresas Operadoras, da que durante doce anos foi presidente. Nunca un problema tivo coa Administración polo funcionamento desta Asociación, dicíame hoxe unha exautoridadea na materia.
No Concello de Lugo foi varias veces Tenente de Alcalde, sempre na Zona Rural, e temas de medio ambiente, alumeado e vias e obras. Tamén Síndico, portador do pendón municipal en actos solemnes...
En case todo o que se fixo no rural lucense estaba el. Levou levou a cabo numerosas obras, promovendo, alentando, conseguindo cesions de terreos, abrindo pistas, mellorando ou asfaltando camiños, alumeado público ou electrificación rural. En 1992 cedeu o solar onde se construíu o centro de saúde de Nadela.
Unha ex alto cargo da Xunta púxome un claro exemplo no interese de Pena Souto en solucionar problemas: Na Ponte estaban sin centro cultural. Serafín conseguiu un módulo dos que Educación dispoñia para instalar aulas mentras se construìan centros educativos, levouno á Ponte e hoxe, tantos anos despois, o Centro cultural da Ponte é a mesma aula temporal conseguida por Pena Souto.

Continuará...
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES