Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Muller na ciencia e Muller na Mediciña. Igualdade sen barreiras!

Rodríguez Patiño, Luis Ángel - miércoles, 11 de febrero de 2026
A UNED Senior Coruña defende a Sanidade Pública

Desde a UNED Sénior Coruña, o 11 de febreiro, día da Virxe de Lourdes para moitas persoas, é unha xornada que fala de esperanza, de coidado e de compromiso coas persoas enfermas e coas súas familias.

Máis alá das crenzas, lembramos que a saúde é un dereito e que precisamos unha SANIDADE PÚBLICA forte, accesible e de calidade para todas e todos.
Muller na ciencia e Muller na Mediciña. Igualdade sen barreiras!
Celebramos o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia e o Día da Muller Médica, recoñecendo o labor imprescindible de tantas profesionais que sosteñen o noso sistema sanitario. A ciencia e a medicina avanzan grazas ao talento e á dedicación, pero tamén grazas a unha SANIDADE PÚBLICA que garante igualdade e dignidade. Fronte aos recortes na SANIDADE PÚBLICA, reafirmamos o valor do público, do común e do que nos coida sen distinción.

Desde a UNED Sénior Coruña, seguimos defendendo coñecemento, igualdade e compromiso social.

💜 Porque coidar da saúde é coidar da vida.
Rodríguez Patiño, Luis Ángel
Rodríguez Patiño, Luis Ángel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES