Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Verdade, xustiza e reparación

Rubia, Xoan - jueves, 12 de febrero de 2026
O pasado 27 de xaneiro conmemorábase o 88 aniversario do fusilamento no Castelo de San Felipe da mugardesa Amada Garcia e de sete condenados máis nunhas parodias de xuízos carentes de todo tipo de garantías e cuxa posta en escena só serviu para dar viso de "legalidade" ao asasinato dos defensores da licitude vixente. Verdade, xustiza e reparación Amada Garcia, por unha serie de circunstancias que rodearon o seu caso, chegou a converterse no paradigma dos represaliados de Ferrolterra e contorna.

Muller, activista e pertencente ao Partido Comunista, circunstancias que puñan na diana a aquela mai de familia naqueles tempos convulsos nos que a aversión, o odio e as envexas eran o combustible que movía a máquina onde viaxaban as peores mostras do comportamento do ser humano. A pregunta que entón era pertinente segue séndoo arestora logo de pasados 88 anos: ¿que mal cometeu Amada Garcia para que fose fusilada no Castelo de San Felipe unha mañanciña do 27 de xaneiro de 1937? ¿que delitos cometeran ela e mailos sete compañeiros que formaron diante do pelotón naquel frío e sinistro alborecer? Por suposto ningún que fose merecente de semellante castigo. Ela era militante do Partido Comunista, unha parte da Fronte Popular, conxunción de partidos de esquerda que gañara as eleccións o 16 de febreiro do 36. Foi acusada de rebelión polos insurrectos. Que paradoxo!!

A estas alturas, cando xa non existe ningún testemuño vivo daquela barbarie, aínda hai quen quere establecer equidistancia entre fascistas e demócratas, entre verdugos e vítimas, tratando de branquexar un dos episodios máis brutais da nosa historia dando por válida a mensaxe de que todos perderon, cousa que non deixa de ser un argumento perverso.

Na miña vila, pola que non pasou a guerra, houbo mortos por balas que non partiron das trincheiras. Un deles foi Amada García. Odio e terror desatado. Non busquen os revisionistas da historia falaces argumentos para estableceren responsabilidades compartidas entre agresores e vítimas. Non houbo equidistancia.

A revogación do xuízo de Amada Garcia ditada hai uns días é un paso importante para impor verdade, xustiza e reparación.
Rubia, Xoan
Rubia, Xoan


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES