Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Dando é como se recibe

Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 12 de febrero de 2026
Escóitase moitas veces dicir que: "NINGUÉN DÁ NADA".
Non é xustamente que ninguén dea nada.
TODOS DÁMOS.
Dámos o que recibimos con anterioridade.
Así:
Os crentes amamos a Deus porque nos creou á súa imaxe e semellanza e entregou voluntariamente a súa vida para salvarnos.
Amamos ós nosos proxenitores porque antes nos amaron eles a nós: criándonos, pagándonos uns estudios...
Amamos ós nosos mestres porque nos esnsinaron a adquirir coñecementos para defendernos na vida.
Amamos ó nosos médicos porque nos curan cando enfermamos.
Os católicos amamos ós nosos sacerdotes porque nos orientan para ser felices vivindo como fillos de Deus e membros da Igrexa Católica.
QUEN NON AMA É PORQUE NON SE SENTE AMADO/A OU PORQUE NON VALORA O AMOR QUE RECIBE.
O AMOR FACILITA A CONVIVENCIA
O amor é xeneroso.
As persoas xenerosas dan o que teñen e o que son.
Danse, literalmente.
Son unha bendición para a humanidade.
Son boas amigas.
Son boas veciñas.
Son bos compañeiras de traballo.
Son pais e nais de familia que deixan a pel polos seus fillos.
Son esposos que se entregan recíprocamente por unha causa común: a familia.
Son xefes e xefas considerados coas persoas que teñen ó seu cargo.
Son traballadores e traballadoras que cumpren relixiosamente.
Son profesionais do ensino que nos sacan da ignorancia, convertíndonos en sal e luz para a sociedade.
Son profesionais da medicina que nos coidan como anxos da garda.
Son sacerdotes que entregan as súas vidas guiándonos para que vivíamos en fraternidade como fillos e fillas de DEUS.
Son todas aquelas persoas maravillosas que nos fan a vida feliz.
¿QUE LLE PEDIMOS A VIDA?
-SAÚDE ANTE TODO:
Pois temos que darlle bos coidados e non cometer excesos, respectando a vida dos demás tanto como a nosa.
Coidarnos e coidar ós demais para que todos poidamos sentirnos ben atendidos, de xeito que ninguén sufra por falta de atencións.
-PAN PARA ALIMENTAR A NOSA VIDA CORPORAL:
Pois temos que gañalo: traballando honradamente.
Cadaquén realizándose naquelo que está máis de acordo coas súas capacidades, coa súa preparación e coa súa vocación.
E SE ALGUÉN NON QUERE TRABALLAR, TENDO SAÚDE: QUE NON ESIXA, PORQUE O QUE NON DÁ NON TE DEREITO A RECIBIR.
-ALIMENTO PARA A NOSA ALMA:
Cómpre coida-la vida espiritual para que a nosa alma non morra por inanición. A palabra de Deus, ten a solución.
-ALIMENTO PARA A NOSA VIDA INTELECTUAL:
Toca aproveitar os estudios e estar sempre abertos para aprender.
O saber non ocupa lugar e os libros son moi bos amigos.
As persoas que len, falan cos sabios e aprenden deles.
-PAZ:
O primeiro paso é formar a nosa conciencia para obrar rectamente, e deste xeito estar en paz con nós mesmos.
O segundo é ter boas relacións coas persoas, empezando polos da casa e seguindo coas restantes.
MOITOS PENSAN QUE É IMPOSIBLE
Certamente, hai moitas persoas que ven o lado negativo da vida e non se paran a darlle a volta.
A vida ten dous polos igual que unha pila.
Por un lado ten carga negativa; pero polo outro ten carga positiva.
Na vida real tamén pasa algo así coas persoas:
Hainas que van negativas pola vida e fan mal porque a vida tamén as trata mal, ou eso pensan.
Tamén hai persoas que soubenron elixir o lado positivo e van pola vida dando positividade para iluminar a outras.
O ben e o mal van collidos da man.
Nin somos todo bondade nin somos todo maldade.
Trátase de limar asperezas para enmendarnos e retomar un novo rumbo, o único válido: amar a Deus e amar ós irmáns.
Estamos chamados a ser bos e felices.
Non podemos desfalecer no intento.
Os santos e santas conseguírono, renunciando ó seu ego e guiándose pola Lei de Deus e a supraconciencia que todos poseemos.
"UN NOVO RUMBO É POSIBLE"
Este será o título do segunte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES